Skip to Content

Os Megatoxos

Chegan Os Megatoxos á nosa biblioteca. Da man de Anxo Fariña, da súa imaxinación máis ben, e como xa nos anunciara cando nos visitou hai dous anos, esta "panda" con poderes extraordinarios chega con dúas aventuras: Os Megatoxos e o aprendiz de druída e Os Megatoxos e a espada esmeralda.
Despois de ser coñecido e apreciado, sobre todo como ilustrador, na serie Antón e Pompón para os prelectores; Anxo presentou unha colección para primeiros lectores en torno aos personaxes de O Quixote, que tamén tivo moi boa acollida e permitiu achegar algunhas historias do famoso libro aos máis cativos.
Agora, o autor quere achegarse aos lectores expertos e faino creando uns personaxes que, grazas aos poderes extraordinarios que adquiren de maneira casual, viven aventuras inverosímiles. Trátase de dous rapaces e dúas rapazas con personalidades diferentes, e ás veces moi discrepantes, que ademais posúen poderes diversos e complementarios, o que lles permitirá colaborar para resolver os conflitos nos que se ven envoltos nas súas andainas.
ACHÉGATE Á BIBLIO PARA COÑECELOS E DISFRUTALOS!!


page | by Dr. Radut