Skip to Content

PRAZO E DOCUMENTACIÓN PARA SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Este proceso só é para alumnado novo no centro.

PRAZOS

1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

2. Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

3. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

4. Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

5. Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

6. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20-30 de xuño.

7. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño-10 de xullo.

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES

 

 

ETAPA

CURSO

PRAZAS VACANTES

ED. INFANTIL

4º E.I.

22

5º E.I.

2

6º E.I.

16

ED. PRIMARIA

1º E.P.

24

2º E.P.

7

3º E.P.

20

4º E.P.

17

5º E.P.

16

6º E.P.

6

 

TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES

 

- Vía telemática (é preciso chave 365 ou certificado dixital)

Entregar no rexistro dixital da Xunta de Galicia (sede electrónica) a solicitude de matrícula co anexo II. (Código do procedemento ED550B).

Pódese cubrir previamente de xeito dixital na aplicación web para a admisión do alumnado (https://edu.xunta.gal/admisionalumnado) para logo enviar desde a sede electrónica.

 

 

 - Presencialmente:

Recoller o documento no propio centro (pedir cita: 881 866 498) ou imprimir desde o enlace do seguinte apartado.

Entregar de novo no centro (tamén previa cita) unha vez cuberto (en caso de dúbidas chamar ao teléfono anterior).

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

1º.- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

O incumprimento desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2º-. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º.- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo

de presentación de solicitudes de admisión.

 

 

DOCUMENTACIÓN

 

Documentación oficial da solicitude de admisión:

 

Documentos do centro para a posterior matrícula cando sexa admitido/a:

 

 

 

AnexoTamaño
AnexoII.pdf683.94 KB
Docu_ceip_ramallosa.pdf300.91 KB
Tritico_Folleto.pdf2.51 MB


page | by Dr. Radut