Skip to Content

ÁBRESE NOVO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21, CON CITA PREVIA

DATAS DO NOVO PRAZO: do 11 ao 18 de maio

 Este prazo é para o alumnado que se incorpora ao centro por primeira vez, aquel que cursa educación infantil ou primaria no colexio renova a matrícula automaticamente.

Só terán que presentar a documentación quen non o teña feito xa no prazo anterior, antes de decretarse o estado de alarma.

 

NORMAS PARA A PRESENCIA NO CENTRO ESCOLAR PARA A SOLICITUDE DE MATRÍCULA

 

Horario: de 10 a 13:30 con cita previa a través do teléfono 881 866 491 ou do correo-e ceip.ramallosa@edu.xunta.gal

 

- É obrigatorio o uso de máscara

- Non poden vir nenos/as acompañando aos adultos.

- Deberán esperar na porta do colexio para ser atendidos, xa que os trámites faranse no recibidor, nun espazo preparado para tal efecto. No caso de coincidir con outros pais na entrada deberán gardar as distancias de seguridade.

- A entrada será pola porta principal do centro (a entrada que utiliza o profesorado). Pódese entrar co coche no recinto, de xeito excepcional, para estes trámites.

 

  • Recollendo a documentación nas oficinas do colexio con cita previa.
  • Ou descargándoa dos seguintes enlaces:
AnexoTamaño
Tritico_info.pdf3.35 MB
Informacion_centro.pdf221.83 KB
ED550B-G.pdf1.13 MB
Impresos_centro.pdf109.63 KB


page | by Dr. Radut