Skip to Content

INSTRUCIÓNS SOBRE A TERCEIRA AVALIACIÓN E O FINAL DE CURSO

 

Segundo as instrucións recibidas esta mesma semana, informámoslles dos seguintes aspectos relacionados coa terceira avaliación e o remate do curso:

 

  • O curso remata, como estaba previsto no calendario escolar, o 19 de xuño.

  • A terceira avaliación desenvolverase nos seguintes termos:

    • Mantense o proceso de reforzo, repaso e afianzamento de aprendizaxes traballados no primeiro e segundo trimestre.

    • Poderán traballarse contidos novos, sempre e cando non sexan avaliables ou a avaliación sexa puramente informativa e de diagnóstico. Só poderá terse en conta para o resultado da avaliación final se beneficia ao alumnado (se incrementa a nota final), en caso contrario non terá máis valor que informar ás familias da valoración que fai o profesorado do contacto e resultados mantidos durante esta fase co alumnado.

    • A avaliación final estará baseada, polo tanto, nos resultados da avaliación continua ata o momento da suspensión de actividade presencial nos centros.

    • De cara a decisión de promoción do alumnado non se terá en conta tanto o número de materias con avaliación negativa como a repercusión que a decisión poida ter no alumnado. Só se farán propostas de repetición de curso en casos moi excepcionais. Teríamos sempre en conta a opinión da familia.

    • O profesorado fará un informe individual do alumnado para rexistrar os procesos desenvoltos este curso e os aspectos nos que haberá que facer máis incidencia no vindeiro, para compensar e paliar as consecuencias da situación acaida, para todo o alumnado do centro pero con maior detalle para sexto curso de primaria, para que no centro no que vaia cursar primeiro da ESO teñan esa información xa a comezo do curso 2020-21.

  • A día de hoxe non hai previsións claras da volta do alumnado aos centros. Haberá que esperar á evolución da pandemia e as decisións que as autoridades sanitarias e educativas vaian tomando.

  • Tampouco está definida claramente a volta do profesorado aos centros.

  • O proceso de solicitude de matrícula está paralizado. Estamos á espera de que se concrete cando poderemos retomalo. Farase publicidade na web do centro e nos medios de comunicación coas familias dos que dispoñemos (Abalar-Móbil fundamentalmente)

 

Para calquera dúbida seguimos á súa disposición polos medios habituais, publicados neste mesmo espazo.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut