Skip to Content

Blogue de Benxa

LEDICIA Nº 4

Aquí tedes o cuarto número da nosa revista "Ledicia". A revista dixital de sexto-A

Coma sempre esperamos que vos guste.

(Premer na imaxe para ver a revista)

 

SEGUNDO NÚMERO DE LEDICIA

Xa está na rede o segundo número da nosa revista "LEDICIA".

Esperamos que vos guste.

O equipo de Sexto-A

 

 

Radio "QuintoA"

Para conmemorar o "Día da poesía" inauguramos un espazo onde queremos facer pequenos recunchos de radio.

Comezamos con algúns poemas.

Esperamos que vos gusten.

                             (Preme na imaxe)

radio

MURAIS DE ROSALÍA DE CASTRO

As nenas e nenos de quinto A fixemos un traballo de investigación sobre Rosalía de Castro para conmemorar o seu aniversario, que se celebra o 24 de febreiro. Fixémolo en catro equipos e recollemos algunhas cousas nos murais que vos presentamos aquí (preme sobre cada imaxe para ver o mural):

 

 

A robótica chega ao noso colexio

robot

 

O noso centro é un dos seleccionados para participar nun novo proxecto: a incorporación da robótica aos niveis de quinto e sexto de primaria.

Hoxe asistimos á presentación do mesmo, onde compañeiras e compañeiros que xa levan anos desenvolvendo este tipo de experiencias  amosáronnos algunhas actividades creadas polo seu alumnado.

Ábrense novas posibilidades de traballo interdisciplinar, para seguir avanzando na aprendizaxe de xeito paralelo á evolución da sociedade. Todo un reto, unha nova ilusión.

Na imaxe podedes ver os novos inquilinos do cole, que chegan para quedarse.

 

Planetario

Dende hoxe pola mañá e ata o vindeiro martes temos instalado un planetario no ximnasio. Pasará todo o alumnado do centro polo mesmo.

E un complemento perfecto será a actividade de observación nocturna que organiza o concello de Teo o día 27 de outubro no noso centro. Enviarase información puntual.

planetario móbil

 

MÁQUINAS

O alumnado de "Sexto A" estivo traballando estas últimas semanas na elaboración de maquetas de diferentes tipos de máquinas. Como queira que non houbo tempo nin espazos para amosarvos o seu traballo, deixámosvos unha galería a xeito de exposición virtual.

Ver a exposición

ACAMPADA DO ALUMNADO DE SEXTO

Xa temos as fotos da acampada na galería do cole.

Podes acceder dende aquí

acampada

Día escolar da non violencia e a Paz.

Acabamos de colgar, no blogue da nosa aula (6º C), os murais dixitais que elaboramos para conmemorar o "Día da Paz".

Preme na pomba para ir ao blogue.

"Malala", Premio Nobel da Paz 2014

Con motivo do nomeamento de Malala como Premio Nobel da Paz 2.014 os alumnos e alumnas de 6º C fixemos un traballo que vimos de publicar no noso blogue de aula.

Inclúe unha síntese do traballo, elaborado entre todos e todas, e un vídeo-resumo elaborado por Alba M.

Se che interesa preme na foto de Malala y chat.

Distribuir contido


by Dr. Radut