Skip to Content

Blogue de marisa

NOSOUTRAS

Partillamos o excelente traballo do alumnado da escola, con debuxos inspirados no poemario "Nosoutras" da grande escritora Marica Campo e o persoal e magnífico estilo do ilustrador Xosé Cobas, a quen o domingo 27 de marzo, se lles rendiu unha merecida homenaxe no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Grazas a escritora Eva Mejuto, responsable do Salón e a Pilar Sampedro por confiar en nós e por nos deixar aportar o noso pequeno grao de area. Todo unha honra e un agasallo. Montaxe realizada por Carme García Álvarez. 

Marica Campos - Google Fotos

 

 Tamén podedes clicar nesta imaxe para velo. 

 

 

 

PROXECTO SURREALISTA. eDUCATHYSSEN

IMAXINANDO E SOÑANDO NO NOSO FANTÁSTICO MUNDO.

Recén saído do forno desde o recurso da páxina de Educathyssen, partillamos  o vídeo que aparece ao final do proceso de realización sobre o proxecto desenvolvido o curso pasado sobre a corrente Surrealista, que tamén pudestes ver no vídeo resumo do curso pasado. Mirade no enlace ou sobre o  imaxinativo debuxo

https://www.educathyssen.org/imaginando-sonando-nuestro-fantastico-mundo

 


A NATUREZA RAMALLOSEIRA

DEBUXAMOS A NOSA ÁRBORES.

En folios en tamaño A3, plasmamos unha árbore, froito do noso imaxinario, posto que por sorte vivimos nunha contorna onde existen múltiples especies. Realizamos o debuxo con rotuladores de cores e a maioría decidimos corolealo con témperas sólidas.

Mirade canta variedade e orixinalidade aquí ou na fotografía.  

PAISAXES VARIADAS.

Debuxamos no noso blog unha gran variedade de paisexes de todo tipo: marítimas, camprestres. montañosas, boscosas, de río..., utilizado distintos tipos de pintura, a alección de cada quen.

Coma sempre, primeiramente documentámonos, observamos e analizamos unha chea de obras pictóricas ben famosas.

Mirade as nosas, accedendo desde aquí ou desde a imaxe.

 

CERTAME DE ARTE ESCOLAR DA FUNDACIÓN EUGENIO GRANELL.

Por sorte, este ano poidemos volver participar no Certame de Arte escolar da Fundación Granell e gozar co agasallo de poder visitar no museo as nosas obras e creacións e compartilrlo coa familia e a sociedade.  Nesta nova edición o tema a traballar nos nos podía acaer mellor, posto que o eixo era sobre o pintor surralesta, natureza e medioambiente.

E puxémonos mans á obra utilizando distintos medios de expresión e técnicas como pintura, debuxo, collage, escultura e fotografía. Mirade as nosas naturezas surrealistas e o proceso de creación, marcando aquí ou na fotografía.

 

CREACIÓNS NAVIDEÑAS.

Incriblemente xa pasaron tres meses desde o inicio do curso, e temos ás portas as ben merecidas vacacións de Nadal e non podían faltar os nosos debuxos-postais para conmemoralo. Ademais, grazas á colaboración das imaxinativas e creativas familias, o derradeiro día, lucimos os nosos xerseis decorados con materiais de reciclaxe, como actividade dentro do noso proxecto ambiental. Tamén podedes ver, unha pequeniña mostra.  Mirade aquí ou na imaxe, estas dúas actividades.

 

 

 

 

 

 

 

 

CON ELEMENTOS NATURAIS, ARTE PODEMOS CREAR,

Como seguramente sabedes, este ano o centro está a traballar ao redor de dous proxectos na Escola verde, sobre o medioambiente e a a sostenibiliade do programa PROXECTA +.

 

Por suposto no Obradoiro de arte de Educación Infantil, tamén quixemos sumarnos a esa interesanter iniciativa e aportar o noso granciño de area. E quixemos comezar o máis axiña posible. 

Ahí vos deixamos as actividades realizadas no 1º trimestre. E continuará...

 

O BOSQUE ANIMADO.

Pareceunos unha idea magnífica, crear o noso propio bosque no corredor das nosas aulas. Cadanseu fixo unha árbore en papel de embrullar castaño, coas súas ponlas correspondentes. Comezamos rachando coas mans os anacos de papel para realizar logo a composición. No tronco voltamos a utilizar a técnica do frottage sobre os das árbores do patio exterior e unha vez colocados os ramallos, estes, estampámolos con diferentes obxectos.

Neste caso a creación, foi unha adaptación da proposta por Salvador Cidrás e Vicente Blanco no seu blogue Escola imaxinaria, que vos animamos a que visitedes polas excelente experiencias que comparten sempren.

Visitade o noso bosque ramalloseiro.

 

 

 

 

 

 

COMPOSICIÓNS NATURAIS

Realizamos collages individuais enriba dunha cartolina cos elementos naturais que cada nena e neno trouxo dos seus paseos e saídas coas súas familias a distintas contornas como monte, parque, praia, campo, río.  Ademais da capacidade creativa que amosaron, e que podedes ver nas imaxes, deunos moito xogo para aprender nomes e características pois cada criatura amosaba os seus tesouriños e a súa procedencia. E deixando ben claro a importancia de non modificar os espazos naturais.

Arte efímera pero da que quixemos deixar a lembranza realizándolles unha fotografía. 

Aquí  ou na imaxe, podedes ver estas orixinais obras.

 

 

 

 

 

 

 

DE PASEO POLO BOSQUE.

Non hai mellor aprendizaxe que a que se produce no contexto real da experiencia, por iso non quixemos deixar de visitar a carballeira e o bosque que temos a carón da escola. Observamos, investigamos, formulamos hipóteses, aprendemos unhas de outros cousas novas, respectamos  o espazo e mesmo recollemos algún lixo. Por suposto, gozamos moitísimo.

Clicade na fotografía ou aquí para consultalo.

 

FROTTAGE

Comezamos en contacto con distintas tipos de follas de diferentes procedencia, tamaños e formas, á vez que iamos aprendendo o nome da árboreá que pertencía e as características máis sobresaíntes. Nesta actividade o sentindo do tacto foi fundamental para detectar a parte onde están os nervos que colacamos enriba da mesa cara arriba. A continuación, colocamos un papel branco A3 e cunha cera mol, frotamos aparecendo a impresión da folla. Auténtica maxia! Fomos cambiando de cores e de follas ata completar a nosa vistosa composició, Mirade aquí ou na fotografía o resultado.

 

 

COMEZAMOS!

CAIXÓN DE XASTRE.

Nesta sección, podedes ver outras actividades plásticas e artísticas que imos realizando. Unha habitual á volta das vacacións de Nadal, é debuxar os agasallosa que ben os Reis, o Apalpador ou Papá Noel nos deixaron. Nos blocks de debuxo, representamos as cousas das que nos lembrabamos posto que sempre veñen cargadiños pois debémonos portar moi ben. 

Observade aquí ou na imaxe os nosos presentes.

 

E AGORA VAI. ESTRENÁMONOS. 

DE NOVO AQUÍ ESTAMOS!

Unha vez máis, a primeira actividade para ir quencedo motores foi comezar retratándonos pois é moi importante como presentación para toda as persoas que vos interesades por este blog. Coma sempre, intentamos crear con formatos, útiles e soportes distintos. Desta volta, utilizamos un papel satinado pintándonos con rotuladores permanentes. Premendo aquí ou na foto, podédesnos ver.

 

 

 

 

Moi benvidas e benvidos a novo curso 2020-21. Seguro que este ano vai ser estupendo e por sorte, xa podemos facer moitas máis cousas que o curso anterior. A ver que artistadas se nos ocorren desta volta. 

Aínda que ás familias do alumnado de Educación Infantil xa volo enviei en xuño por correo, queremos compartir co resto da Comunidade educativa e de quen estea interesado en velo, o enlace do vídeo resumo do moito que apesares das circunstancias, argallamos o ano pasado. Agardamos que vos guste. Premede no enlace ou no debuxo para velo. 

https://www.youtube.com/watch?v=oD-79L62pd0

 

PÉCHASE O TELÓN

O FILLO DO HOME, A NOSA INSPIRACIÓN.

Como colofón, pechamos o círculo cunha nova proposta surrealista inspirada no cadro de Rene Magritte, O fillo do home que podedes ver na imaxe despois do texto e que parece que era un autorretrato do autor que adoitaba vestir desa maneira. No noso caso en lugar dunha mazá, decidimos traer un obxecto significativo para ocultar o rostro.

Para deixar constancia dese intre, fotografiámonos e imprimíronse os posados.

E a partir de aquí, comezamos a crear e interpretar ao noso xeito a nosa obra. Como veredes, realizamos dúas actividades utilizando unha copia en cor e outra variación coa fotografía en branco e negro,

No primeiro caso, utilizando a técnica de collage, recortamos a nosa silueta da imaxe ata a cintura, utilizando distintos recortes de revistas de moda, de roupas e complementos como o calzado e ao igual que Magritte, un sombreiro e fixemos a composición nunha cartolina A4.

Coa copia en branco e negro, copiamos o mesmo proceso de recortar a silueta ata a cintura e pagala noutra cartolina pero nesta ocasión, pernas, roupas, sombreiro e calzado foron debuxados.

E para facer unha xeitosa presentación de ámbalas dúas obras, pegáronse a modo de díptico nunha cartolina de cor.

Mirade aquí neste enlace ou na imaxe do cadro, todo o proceso e o resultado final.

 

E nesta outra imaxe ou premendo aquí,  veredes ese momento inmortalizado na fotografía. 

OUTRAS ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE

E MÁIS COUSIÑAS NO 1º TRIMESTRE. 

No medio das actividades realizadas para coñecer, saber, aprender e experimentar sobre o Surrealismo, tamén fixemos outras ben interesantes para seguir fomentando a nosa imaxinación e fantasía e cumprindo como ten que ser este ano, de traballo por mesas estables. Aquí volas presentamos.

 

Acuareleando.

Realizamos debuxos libres nos nosos cadernos utilizando as nosas acuarelas. Mirade aquí  ou na foto, algúns dos exemplos. 

 

Construímos.

Traballamos as tres dimensións cos nosos xogos de construcións e pezas, deixando voar a imaxinación. Aquí ou na fotografía, podédelo comprobar. 

 

 

 

 

 

 

 

Experimentamos nas mesas de luz.

Manipulamos, experimentamos e creamos cos obxectos e pezas translúcidos que temos para tal fin. Aquí ou na imaxe, quédanvos os resultados.  

Debuxamos o nadal

Aquí ou premendo na foto. podedes ver, estes chamativos debuxos sobre fondo escuro e realizados con rotuladores prateados e dourados, tan típicos desta data.  

 

Ilustrámonos.

Como en calquera proceso de aprendizaxe, cómpre documentarse e ter referentes para poder seguir avanzando. Neste caso, é moi importante que vexamos referencias plásticas e artísticas existentes de distintos tipos e estilos, para seguir a medrar artísticamente. Xa veredes aquí ou na foto como nos gusta aprender!

 

surrealismo

SURREALISMO RAMALLOSEIRO.

Comezamos un novo proxecto artístico no Obradoiro e tendo en conta que ocupamos a aula Maruja Mallo, non podiamos deixar de traballar co surrealismo, posto que a grande pintora galega foi unha das súas figuras destacadas. O surrealismo é un movemento artístico do século XX que forma parte das vangardas. Baséase no mundo dos soños, da fantasía e a imaxinación e vai máis alá da realidade. As composicións surrealistas adoitan mesturar obxectos que normalmente non irían xuntos.

  Maruja Mallo.

 

Como sempre, o primeiro que fixemos foi saber de máis artistas desta corrente como o tamén galego Eugenio Granell, Dalí, Frida Kahlo, René Magritte, Chagall ou Marcel Duchamp entre outros, e ver moitos exemplos en láminas, libros e na pantalla para nos inspirar nas nosas producións.

O MUNDO DOS SOÑOS.

Pois como xa comentamos, o surrealismo, baséase fundamentalmente no mundo onírico, da fantasía e a imaxinación. E iso é o que fixemos para quentar motores, debuxar algo relacionado con estes tres mundos. E así de creativas quedaron as nosas porducións.Mirade aquí ou premendo na fotografía.

 

OS CADÁVERES EXQUISITOS.

 A seguinte actividade plantexada foi esta de curioso nome posta en práctica polos surrealistas e que é un xogo colectivo de consecuencias no que alguén escribe ou debuxa algo e outra persoa continúa esa composición, so vendo un pequeno fragmento do anterior.  E así cada mesa de traballo fixo o seu.

Mirade aqui ou na fotografía, a ver que vos parecen os nosos.

AUTORRETRATOS SURREALISTAS

Nós tamén quixemos ser protagonistas deste mundo de soños, fantasías e absurdos e realizamos mediante a técnica de collage e utilizando unha fotografía da nosa cara estes delirantes autorretratos con recortes de revistas de propaganda. Mirade aquí ou na imaxe,  que divertidos quedaron.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÁSCARAS INSPIRADAS NAS DE MARUJA MALLO.

A artista surrealista ten unha colección de pinturas variadas con máscaras e clicando aquí podeses ver exemplos.Quen nos ía d¡cir a nós que estarían de novo de actualidade. Pois aver se vos gustan as nosas interpretacións. Mirade premendo na foto ou aquí.

 

BINOMIOS SURREALISTAS.

Os surrealistas, tal e como falamos adoitaban combinar o mundo da imaxinación e a fantasía, e existen moitos exemplos de mesturar dous conceptos en principio antagónicos ou que non teñen moito en común. Nós inspirámonos no "paxaro- flor" de Granell e máis na obra "flor-cuncha" de Max Ernst e  que alberga o museo Thyssen de Madrid. Imaxinación ao poder! Mirade na imaxe ou aquí os nosos creativos resustados. Flor- cuncha.

CURSO 2020.21

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Pois xa mereciamos ter unha xornada especial de celebración. E que mellor data para unha festa que a conmemoración das nosas Letras. Seguir o protocolo, non nos impediu deixar de facer os xogos tradicionais, de gozar con actuacións musicais e recitado e do noso xa tradicional menú de pizza, churrasco e xeado. Día intenso e feliz. 

Mirade premendo aquí ou na fotografía un pequeno resumo do que vos contamos e que con moita mágoa non nos puidestes acompañar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CHEGOU O MAGOSTO.

Aínda ben que poidemos celebrar outro acontecemento. Este ano polas circunstancias non poidemos contar coa vosa presenza familias,  nin ter os xogos populares no ximnasio. Pero si poidemos gozar por aulas das castañas , que non sabedes como nos souberon! Grazas polas vosas aporatacións.Mirade aquí ou na foto.

 

 

MERENDAS DE MEDO!

Pois aquí estamos de novo. Adaptándonos á nova situciación e de feito é ben curioso que ata o de agora non poideramos facer unha entrada no blog, pero coma ben sabedes, o protocolo e a reponsabilidade,  non nos permite programar actividades de todo o ciclo en grupo. Pero para a celebración do Samaín, non podiamos deixar facer un clásico, as nosas merendas terroríficas. Grazas unha vez máis pola vos colaboración e por contribuír a facer que as nenas e os nenos o leven un chisquiño mellor. Mirade na foto ou aquí que ben traballastes.

CURSO 2020-21

COMEZAMOS !

Tiñamos moitas de ganas de comezar, e de poder facelo xuntos e xuntas no cole. É verdade, que este curso moitas cousas teñen que ser distintas e que no caso concreto do noso obradoiro vai limitar poder facer certo tipo de actividades, pero por suposto, sempre seguiremos a botarlle imaxinación pois sen arte, a vida é moito más triste e escura. 

Como novidade, este ano, o noso centro de creación, está na aula Maruja Mallo no mesmo corredor do resto das aulas de inantil e non, no salón de actos como fora desde o principio.

 

AUTORRETRATOS CON MÁSCARAS.

Un ano máis, e iso xa é un clásico, a primeira proposta é facer un autorretrato, intentando que cada curso vaia variando o soporte e o material empregado. Os que hoxe vos presentamos, están realizados en cartolina branca con fondo de acuarela e debuxados con rotulador. E é que non podía ser de outra maneira, adaptándonos á realidade presente. Mirade aquí ou na foto os nosos fantásticos autorretratos con máscaras.

 

VÍDEO RESUMO DO OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS DO CURSO 2019-20

EXPOSICIÓN FINAL DO OBRADOIRO DE ARTES PLÁSTICAS DE E.I DO CURSO 19-20

Prezadísimas familias, queridos nenos e nenas. Como outras moitas cousas, este ano tivemos que ir adaptándonos as circunstancias que nos arrodeaban e este vídeo responde a que xa que non poidemos realizar a exposición presencial de final de curso con todo o noso traballo, polo que a facemos con este vídeo montaxe. Iso si, é un resumo de todo o vivido e traballado, tanto ata mediados de marzo no propio obradoiro, como nas vosas casas, achegando semana tras semana  as vosas creativas respostas ás propostas que fun facendo no blog.

Se queredes saber e ver máis sobre cada unha das actividades, podedes consultar máis abaixo neste mesmo blog.

Agardo que gocedes con el. 

Déixovos o enlace para que poidades velo; ou podedes acceder  premendo directamente sobre a imaxe.

 

 

https://youtu.be/5e7djJcJ4Z4

 

Agora si, feliz verán ,  xogade e pasádeo xenial que o tedes ben merecido.

Vémonos en setembro.

   
   
 



Distribuir contido


by Dr. Radut