Unha aula sensorial é un espazo que promove a aprendizaxe, a relaxación, o autocontrol e a confianza a través de materiais e actividades sensoriais.
Nalgúns países europeos hai anos que estas aulas están integradas nos colexios, aínda que aquí é algo relativamente novo.
Serve como lugar de aprendizaxe e estimulación, pero tamén como entorno seguro onde expresar emocións e atopar calma. Sempre que un alumno/a en situación de desborde emocional o necesite está indicado o seu uso, priorizando ao alumnado NEE. O alumnado permanecerá, como sempre, acompañado por persoal educativo, o seu uso será sempre puntual.
Acompañamos esta información dunhas infografías que explican, máis polo miúdo, as características dun espazo deste tipo, así como unhas imaxes da nova aula.
![]() |
![]() |
![]() |
Imaxes da Aula | Usos da Aula | Posibles Situacións |