Skip to Content

Información obras patio

Hoxe, día 10, da comezo a primeira fase das obras de remodelación, ampliación e naturalización do patio do colexio.

Aquí podedes ver unha imaxe do proxecto de cómo quedará finalmente.

Agardamos que sexa do voso agrado e nuns meses poidamos disfrutar todos del.

Durante a execución dos traballos tomaranse as medidas necesarias para minimizar a afección ao funcionamento habitual do colexio, mantendo delimitada en todo momento a zona de obra e de provisión de materiais, sen acceso a persoal alleo á obra e con medidas suplementarias de reforzo nos cerramentos, considerando a contorna infantil e as posibles curiosidades que poidan levantar as actuacións nos usuarios do patio para reformar.
Así mesmo, coordinaranse as subministracións de material á obra para que estes non ocorran en horario de uso do patio, xa sexa por recreo ou por actividades organizadas ao aire libre. Por outra banda, evitarase a realización de traballos que ocasionen fortes e continuos ruídos que poidan resultar molestos para o desenvolvemento das clases e actividades, organizando os mesmos en momentos fóra do horario lectivo.
Manterase contacto permanente coa dirección do colexio para a organización e coordinación das obras, minimizando os inconvenientes propios e inevitables neste tipo de traballos.

 

 



page | by Dr. Radut