Skip to Content

Transporte 2022/2023

 

INSTRUCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 22-23

 

Para solicitar praza no servizo de transporte escolar, as familias deberán descargar e cubrir os seguintes documentos segundo proceda:

 

DOCUMENTOS A ENTREGAR:

 

 

 

TIPOS DE USUARIOS

 

Quen é USUARIO LEXÍTIMO? Serán usuarios lexítimos do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.

 

Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa.

 

No caso de contar cun ditame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa a administración valorará excepcionalmente ampliar provisionalmente a ruta afectada se os tempos permiten a realización do servizo ou entregar axuda compensatoria. (Debe aportarse copia ou certificarse).

 

 

Quen é USUARIO EXCEPCIONAL?O alumnado que non teña carácter de usuario lexítimo do transporte escolar, poderá solicitar o uso do servizo con carácter excepcional.

 

Aqueles usuarios excepcionais que soliciten facer uso do transporte escolar poderán ser autorizados para o seu uso excepcional se cumpren os seguintes requisitos:

 

- Existan prazas dispoñibles reservadas para escolares no correspondente autobús.

 

- Utilizan unha parada xa existente, sen modificación das rutas nin creación de novas paradas.

 

Esta autorización terá carácter provisional e revogable.

 

 TRAMITACIÓN:

Presencialmente na administración do centro dende o martes 28 ata o xoves 8 de xullo, de 09:30h a 14:00h (Non se necesita cita previa).

 

 

 



page | by Dr. Radut