CALENDARIO DAS ELECCIÓNS
Día 2 de novembro
- Publicación das convocatorias de eleccións nos distintos sectores educativos: profesores, pais/nais e, se ser o caso, persoal de administración e servizos.
- Publicación provisional dos censos dos sectores educativos citados.
- Envío de escrito ao Concello e ANPA solicitándolles a designación do seu representante. Non é necesario nesta convocatoria.
Día 4 de novembro
- Comeza o prazo de presentación das candidaturas e reclamacións de censos.
Día 11 de novembro
- Remata o prazo de presentación de candidaturas.
Día 14 de novembro (Celebración da 2ª reunión da Xunta Electoral)
- Proclamación e posterior publicación de candidaturas por sectores de representación.
- Aprobación definitiva de censos electorais, unha vez resoltas as posibles reclamacións.
- Aprobación de modelo de papeletas e sobres dos distintos actos electorais.
- Sorteo público da designación dos membros das mesas electorais.
Día 28 de novembro. Celebración das votacións de:
- Persoal de administración e servizos, de ser o caso, de 11:30 a 12:00 horas.
- Profesorado 16:00 horas.
- Pais, nais e titores legais do alumnado, de 16:30 a 19:00 horas.
Día 29 de novembro (Celebración da 3ª e última reunión da Xunta Electoral)
- Proclamación de candidatos electos.
- Traslado ao Xefe Territorial da Consellería de Educación Da Coruña das copias de actas das votacións efectuadas.
Presidenta da Xunta Electoral
Ana Perandones Lozano