ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE
NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA
De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 29), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:
1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais/nais, dun total de 4 que debe ter o Consello Escolar. Os outros 2 representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021. No caso do CEIP Rabadeira, unha praza a maiores estará cuberta por un representante do ANPA.
2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 11 de novembro.
3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14'00 horas do citado día 11 de novembro.
4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 14 de novembro, ás 12:00 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.
5.- A campaña electoral comprenderá dende o 4 ao 28 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 27 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.
6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.
7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 16:30 a 19:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:20 horas.
8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do DNI ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos.
10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.
11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.
Oleiros, 4 de novembro de 2022
A PRESIDENTA DA XUNTA ELECTORAL,
Asdo.: Ana Perandones Lozano