Carta colaboración patios
Estimadas familias:
Este curso nace un novo equipo de traballo no centro centrado na dinamización dos patios de recreo. Os obxectivos principais do equipo son naturalizar os patios, levar a aprendizaxe ao exterior e crear un espazo de xogo inclusivo e coeducativo.
Unha das primeiras accións será dotar de materiais de xogo ao alumnado, se pode ser reutilizado ou reciclado mellor. É por iso que facemos un chamamento ás familias que queiran colaborar doando algún tipo de material que teñan en desuso pola casa. Estes xogos ou materiais deportivos que estean esquecidos nalgún recuncho dos vosos fogares sen darlles uso serían ben recibidos no centro, por exemplo:
-
Raquetas de tenis, bádminton, pas de praia.
-
Aros e cordas para saltar.
-
Balóns de todo tipo.
-
Discos voadores, diábolos, futbolíns.
-
Xogos de birlos e petanca.
Para facilitar a súa entrega habilitaranse, do 2 ao 8 de novembro, os seguintes puntos/contedores de entrega onde o alumnado poderá deixar este material:
-
Entrada de Infantil
-
Entrada de 1º, 2º, 5º e 6º Primaria (porta principal)
-
Entrada de 3º e 4º Primaria (portalón ao carón de Infantil ou se chove na porta de salón de actos/madrugadores)
Para obxectos máis voluminosos que o alumnado non poida levar no transporte escolar ou sexa difícil de transportar, as familias poderán facer a entrega á entrada ou saída do centro.
Un saúdo e grazas pola vosa colaboración.
O equipo de dinamización de patios do CEIP Plurilingüe da Rabadeira