Skip to Content

CONCERTO PEDAGOXICO "DON QUIXOTE"

O mércores 6 de abril estivemos no Pazo da Opera nun concerto didáctico “Don Quixote”. Desde a aula de música traballamos que o motivo desta representación era o cuarto centenario da morte de Miguel de Cervantes. Tamén sabiamos que o espectáculo contaba coa participación musical da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida nesta ocasión por José María Moreno; e a interpretación de danza, da compañía de baile “Ballet Norte”, coa que participaron alumnos de danza das escolas da Coruña, Santiago, Arteixo, Carballo, Vigo... A sorte que tivemos é que dentro do espectáculo participaban dous compañeiros  nosos de sexto, Irene e Pedro... uns artistas!!

Sabíamos que o compositor da música foi un austríaco chamado Ludwing Minkus. Traballamos con  encrucillados de instrumentos, labirintos, debuxos...

A historia que se representaba nos tiña moi atentos, xa que Quiteria, a protagonista, estaba namorada de Basilio, o barbeiro, un rapaz simpático, forte, moi guapo, pero un pouco pobre, cousa que ao pai de Quiteria non lle gustaba nada. Así Lorenzo, o pai de Quiteria, que era o taberneiro, lle buscou un pretendente máis do seu agrado, máis rico, o xoven Camacho; pero á súa filla non lle gustaba nada, polo que intentou fuxir... no medio destas vivencias aparecerá Don Quixote e Sancho Panza, que darán un toque de locura e alegría ao espectáculo. Ao final eles axudarán á parella Quiteria e Basilio a que sexan felices e marcharan en búsqueda de novas aventuras.

 

FOTO 1 FOTO 2
FOTO 3 FOTO 4
FOTO 5 FOTO 6

 

 

 

 



book | by Dr. Radut