Skip to Content

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O venres 20 de novembro os alumnos e alumnas de 1º de primaria visitaron o Museo de Belas Artes da Coruña.  A visita guiada e o taller ao que asistiron titulábase "As personaxes do museo". A través de retratos de séculos pasados coñecemos as historias da raíña Mariana de Austria ou o Duque de Parma. Partindo destes cadros descubrimos algunhos segredos da pintura do retrato: as poses, os detalles nas vestimentas, as modas da época..
Coñecimos tamén a  tipos populares que aparecen representados na colección do museo, como 
O gaiteiro; e tamén a personaxes mitolóxicos que gardan relación coas lendas locais, como Hércules. 
    
A medida que nos mergullamos na historia das personaxes, tamén buscamos resposta a preguntas como: onde estaban eses retratos  antes de chegaren ao museo?  Por que se pintaban estes cadros? Así, achegámonos ás obras non soamente como expresión artística senón tamén como obxectos que gardan unha historia e que foron realizados cun obxectivo concreto. 

Por último, ademais da representación realista da figura humana, tamén vimos como existen outras formas de expresión moderna, como as 
caricaturas de Álvaro Cebreiro

No obradoiro, reforzáronse os contidos da visita cun taller no que traballamos as diferentes expresións dos rostros partindo da obra de Isaac Díaz Pardo 
Xentes que ollan

 

FOTO 1

 

FOTO 2



book | by Dr. Radut