Skip to Content

Campo a Través

Fotos carreira  Acea da Ma - Culleredo - 21/xaneiro/2012

 

 

De novo o Ceip Rabadeira movilizou a un gran número de atletas, un total de 60 alumnas e alumnos compitiron o sábado 21 de xaneiro no Campionato Intercomarcal celebrado en Acea da Ma (Culleredo).

Na categoría Benxamín, por equipos, os homes acadaron o 4º posto e en mulleres o 5º. Destacando a medalla de bronce que levou Daniel Barcia ao rematar en 3º lugar.

En Alevíns masculino consiguiron o segundo posto por equipos, e Martín Bermúdez o terceiro individual. Na categoría feminina ganou a carreira Claudia Conde, seguida de Clara García. Por equipos foron as 3ª.

En Infantís, as rapazas foron medalla de bronce, gañando a carreira Alba Suaña. O equipo masculino quedou na 4ª posición.


 

O venres, 13 de xaneiro, disputouse en Sigrás, Cambre, a fase comarcal de Campo a Través. Outra vez o Ceip Rabadeira foi o centro que máis atletas presentou na liña de saída das distintas carreiras, ata un total de 190 valentes deportistas foron a disputar estas divertidas carreiras.

Na categoría infantil feminino hai que destacar o primeiro posto do equipo do colexio, grazas á victoria de Alba e aos bos postos acadados por Noa, Alexandra, Ana, Valeria, Laura e Sabela. Os rapaces o fixeron moi ben, conseguiron a medalla de prata, clasificando para a seguinte fase César, Marcos, Alejandro, Santiago, Pablo e Ángel.
Tanto na categoría alevín, como benxamín, os podios estiveron cheos cos equipos do Rabadeira. Destacar as victorias en alevín femenino de Clara García, en masculino de Martín Bermúdez, en benxamín feminino gañou Ariadna Beltrán, e entre os nenos entrou de primeiro Daniel Barcia.

Todas as clasificacións, individuais e por equipos, e un lote de fotos as podedes ver no taboleiro da primeira pranta do colexio.

 

 

A competición de Campo a Través suspendeuse por motivos climatolóxicos. Quedou emprazada para unha nova xornada, que será o venres, 13 de xaneiro, no mesmo lugar e cos mesmos participantes.

Un ano máis o Ceip Rabadeira deu exemplo do espíritu deportivo dos seus alumnos e alumnas, acudindo a carreira, a pesares do mal tempo, con 186 atletas.

Máis fotos no blog de Educación Física



book | by Dr. Radut