Skip to Content

Charca Escolar Wangari Maathai

INAUGURACIÓN DA CHARCA ESCOLAR NO RABADEIRA

 

 

O 19 de xuño inauguramos a “Charca Escolar Wangari Maathai”. Convidamos aos representantes de Voz Natura, á concelleira de Ensino do Concello de Oleiros, a Tom Nuñez e familia, todos eles pola axuda que prestaron a levar a cabo a nosa idea.Como o espazo non é moi grande, estiveron presentes os profesores implicados no proxecto, as nais representantes no Consello Escolar, e tres alumnos por aula. Dous alumnos leron un comunicado de agradecemento, e soltáronse peixes e tartarugas na auga.


 

Aquí podedes ver a nova no xornal de “La Voz de Galicia” e aquí está o blog da “Charca Wangari Maathai”.

 



book | by Dr. Radut