Skip to Content

5º e 6º de Educación Primaria

CHARLA SOBRE OS PERIGOS DAS DROGAS, ALCOL E INTERNET:

Persoal da Garda Civil de Lugo informou ao alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria dos perigos do consumo de drogas, alcol e da Internet. Para ver as fotos preme aquí.

XORNADA DE ACOLLIDA NO IES DE QUIROGA

Os alumnos e as alumnas de 6º de Educación Primaria tivemos hoxe, 19 de maio a Xornada de Acollida no IES de Quiroga, ao que iremos o vindeiro curso 2011-2012 a maioría de nós. A nosa titora e a orientadora acompañáronnos na visita.
No instituto estábannos esperando a directora e a orientadora para ensinarnos as instalacións do centro. Que grande é! Os primeiros días vai ser difícil orientarse!
Despois a orientadora contounos cómo funciona o instituto: qué materias imos ter, as normas de convivencia, o proxecto ABALAR, o horario, etc. Tamén estiveron con nós dous ex-compañeiros do colexio: José Matías e Lucía que nos contaron a súa experiencia de transición do colexio ao instituto.
O que máis nos gustou foi o tempo que tivemos para disfrutar da sala de xogos onde tivemos a ocasión de utilizar o billar, os futbolíns, as mesas de pin pong,...


CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE A ESO


O vindeiro 31 de maio ás 16 horas as nosas nais e os nosos pais terán a oportunidade de facer o mesmo e coñecer o centro e o seu funcionamento, así como aclarar posibles dúbidas.

CIENCIA DIVERTIDA 2011

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria tiveron ocasión de disfrutar dun momento moi lúdico no que se fixeron experimentos que trataban os temas do antialcol e do antitabaco. Para ver as fotos preme no seguinte icono:


RESULTADOS DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO DO CURSO 2009-2010

O pasado curso 2009-2010 o alumnado que cursaba 5º de Educación Primaria realizou a avaliación de diagnóstico que recolle a LOE nos seus artigos 21 e 29.

A finalidade desta avaliación é contribuír á mellora da calidade educativa a través da reflexión sobre os resultados obtidos, constatando fortalezas e debilidades e orientando as accións de reforzo para mellorar a práctica educativa.

En xuño de 2010 os centros educativos recibiron o informe cos datos máis salientables que se pode consultar no seguinte enlace:

RESULTADOS AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2009-2010

A partir destes resultados dende o centro elaborarase unha Guía de intervención para a mellora  na que se recolleran as accións encamiñadas a mellorar a práctica educativa.

VISITA DO ALUMNADO DE 6º AO IES DE QUIROGA

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, acompañados pola súa titora e pola Orientadora do colexio, visitaron o IES de Quiroga na Xornada de Acollida antes do cambio de centro.

Alí foron recibidos pola Orientadora do IES, Nieves, que os acompañou na visita e lles amosou as diferentes instalacións do centro: laboratorios, biblioteca, sala de audiovisuais, aulas, laboratorio de tecnoloxía, ximnasio e, o que máis lles gustou, a sala de xogos, na que pasaron un tempo xogando cos futbolíns, mesas de billar e de ping pong,... Podedes ver as fotos na sala de xogos na galería de fotos do colexio.

Nieves tamén lles explicou as novidades da nova etapa: materias, horarios, mestres e mestras, normas de convivencia, oferta educativa,... que os conducirá a obter o título de Graduado en Educación Secundaria.

O xoves 27 ás 10 serán os pais e nais os que coñezan o centro e o seu funcionamento.

SOLIDARIDADE CON HAITÍ

 

 Por iniciativa do alumnado de 6º de Primaria e a súa titora decidimos solidarizarnos desde o CEIP de Quiroga con todos os afectados polo terremoto que sacudiu a noite do martes a illa caribeña de Haití.

Para isto hai colocada unha hucha na conserxería do colexio onde se meterán os donativos que voluntariamente vaian chegando. A cantidade total será ingresada na conta bancaria que a Cruz Vermella ten na Caixa Galicia co seguinte número de conta: 2091-0000-37-3040162319.

              Cantidade total recaudada: 613,31 Euros

         

  Para máis información preme aquí

  Video relacionado

PROGRAMA DE MEDIACIÓN PARA O ALUMNADO DE 3º CICLO

O centro decidiu poñer en marcha un programa de mediación que xa quedara aprobado o curso pasado no Observatorio da Convivencia.Esta iniciativa será levada a cabo polo Departamento de Orientación e busca mellorar o clima de convivencia do centro, así como formas aos rapaces e rapazas en habilidades sociais e de resolución de conflitos, aprendendo a relacionarse mellor cos demais.Para poder implantar o programa de mediación é preciso realizar un Obradoiro de formación de mediadores e mediadoras co alumnado do 3º ciclo que desexen participar.

Pretendemos capacitar aos nenos e nenas o longo de varias sesión dentro do horario lectivo e/ou no tempo de lecer da mañá para solucionar os pequenos conflitos que se dan no colexio, especialmente no patio.

ACCESO AO PROGRAMA

CALENDARIO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

CALENDARIO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

MATERIAL DA 1ª SESIÓN DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

MATERIAL DA 2ª SESIÓN DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

ENLACES DE INTERESE PARA TRABALLAR NAS 2 PRIMEIRAS SESIÓNS:

- Vídeo sobre a necesidade de mediar e cómo é o inicio do proceso

- Vïdeo sobre as habilidades dos mediadores e mediadores e fases do proceso de mediación

- Vídeo sobre bullyng (situación non mediable, senón de tolerancia cero)

MATERIAL 3ª E 4º SESIÓN DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

MATERIAL 5ª-7ª SESIÓN DO OBRADOIRO DE MEDIACIÓN

ESCALEIRA DO ENFADO

FOLLA SOLICITUDE DE MEDIACIÓN

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA CORRESPONDENTE AO CURSO 2008-2009

   O día 21 de outubro de 2009 tivo lugar a avaliación diagnóstica do curso 2008-2009. A avaliación diagnóstica non terá afectos académicos, será simplemente formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias.

   Unha vez concluído o proceso de aplicación e corrección a administración poñerá a disposición dos centros a puntuación acadada polo centro en relación coa media de Galicia. As familias serán informadas a través do profesorado titor.

Distribuir contido


by Dr. Radut