Skip to Content

5º e 6º de Educación Primaria

MATEMÁTICAS E LINGUA CASTELÁ DE 5º DE EP

Matemáticas

https://www.joaquincarrion.com/Recursosdidacticos/SEXTO/datos/03_Mates/datos/05_rdi/ud10/1/01.htm

https://lessons.e-learningforkids.org/efk/Courses/ES/M1108/index.html

https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/eltanquematematico/angulos/medida/medida_ap.html

https://luisamariaarias.wordpress.com/category/0-3

ACTIVIDADE DE MATEMÁTICAS, CC DA NATUREZA, CIENCIAS SOCIAIS PARA 6º DE EP

Actividades para 6º de primaria de matemáticas, ciencias da natureza e ciencias sociais.
Ciencias naturais:

ACTIVIDADES DE LINGUA CASTELÁ PARA 6º DE EP

Acehegámosvos unha páxina do espazo Abalar con actividades interactivas para traballar os contidos da área de lingua castelá de 6º de primaria de maneira interactiva.

CONTACONTOS IGUALDADE: Raquel Queizás

Hoxe tivemos a visita da contacontos Raquel Queizás, que coa presentación do espectáculo “Somos iguais. Contos pola Igualdade” fixo a delicia dos nosos nenos e nenas. Esta actuación foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con fondos do Pacto de estado contra a violencia de xénero.

Carreira Solidaria "Save the Children"

O noso colexio leva 12 anos colaborando coa ONG “Save the Children” a través dunha carreira solidaria na que participan os nosos alumnos e alumnas e que financian as familias. Dita carreira foi o pasado venres 31 de xaneiro, e formou parte das actividades programadas para conmemorar o Día da Paz. Grazas as familias pola súa colaboración, tanto neste evento como en todos os que organizamos con fines solidarios.

EXPLORANDO O XEOPARQUE. VISITA DO ALUMNADO DE 5º E 6º Á ALDEA DE A SEARA, ALVARIZA DE BUSTELO E FERVENZA E MUÍÑO DE VIEIROS

Seguimos explorando o Xeoparque Montañas de Courel. Nesta ocasión foron as alumnas e alumnos de quinto e sexto de primaria os que, acompañados de Carina, Ana e Javier; e, guiados maxistralmente por Ramón Vila, visitaron: o miradoiro e a alvariza de Bustelo, o miradoiro de A Golada, o Val de Visuña con entrada a unha cova, a aldea de A Seara, a fervenza de Vieiros e un muíño de mesmo lugar; tamén tiveron tempo de xogar aos bolos, adestrados por Roi de Vieiros.

As nenas só falan de unicornios

Como colofón as actividades de igualdade e prevención da violencia de xénero que organizou a ANPA do colexio durante este primeiro trimestre, os alumnos e alumnas de teatro representaron a obra “As nenas só falan de unicornios”” escrita e dirigida por Eva F. Ferreira.

PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO CON VELAÍSCA

Durante o mes de novembro a empresa de animación Velaísca de Chantada realizou varias dinámicas sobre igualdade e prevención da violencia de xénero co alumnado de infantil e primaria do colexio. Estas actividades estiveron organizadas pola ANPA do CEIP.

Podedes premer na imaxe para acceder á galería.

Distribuir contido


by Dr. Radut