Skip to Content

Animación á lectura

Presentación Día do Libro no CEIP de Quiroga

Neste curso 2013 - 2014, desde o Equipo da Biblioteca, promocionouse a lectura de cómics, coincidindo co 50 aniversario do nacemento de Mafalda. A encargada da Biblioteca, Ana Mª Núñez, encargouse de presentar as seguintes diapositivas a todo o alumnado de Educación Primaria:

Contacontos Raquel Queizás - Vicens Vives

O mércores 22 de xaneiro visitounos a contacontos e actriz galega Raquel Queizás e agasallounos cun conto no que facía partícipes a alumnado e profesorado. Foi todo un éxito!!!

Podedes ver as fotos premendo nesta imaxe:

24 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

Biografía de Rosalía de Castro

 

 

 

ROSALÍA DE CASTRO 
(1837 – 1885)

Rosalía de Castro é a figura máis importante do Primeiro Renacemento galego. Naceu en Santiago de Compostela, en 1837, como froito das relacións entre unha fidalga e un sacerdote. Desde ben nena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela. Nesta cidade Rosalía será testemuña da terríbel fame e do andazo de cólera de 1853-54 e vivirá o fervor revolucionario deses anos. É probábel que iniciase a súa formación na Sociedade Económica de Amigos del País, mentres asistía con regularidade ao Liceo de la Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista. As correntes ideolóxicas que imperaban no grupo, e que permanecerán sempre na obra de Rosalía, eran o socialismo utópico e o republicanismo democrático.
    Posibelmente non fose casual que a marcha de Rosalía a Madrid, en 1856, coincidise coas represalias contra os participantes no Banquete de Conxo, organizado polo grupo do que ela formaba parte, aínda que o máis probábel é que se desprazase á Corte coa intención de se dedicar profesionalmente á escrita. Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La Flor (1857) e mais a novela La hija del mar (1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, a escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, fai unha alegación en defensa dos dereitos da muller.
    A década dos 60, que desembocou na Revolución do 68, foi un período de grande efervescencia intelectual e política. Rosalía e Murguía formaban parte desa corrente federalista e republicana que aspiraba a un novo modelo político en que a causa galeguista tería cabida, que soñaba con ideais do socialismo utópico: liberdade relixiosa, libre comercio, sufraxio universal... Neste ambiente de ilusión e esperanza no futuro, Rosalía escribiu os Cantares gallegos, cuxa publicación, en 1863, marcou o inicio do Primeiro Renacemento. No "Prólogo" intentou suavizar as posíbeis reaccións contra o libro polo seu carácter reivindicativo, o uso exclusivo do galego e a autoría feminina.
    Rosalía era por entón unha escritora profesional que colaboraba con regularidade en diversas publicacións, mentres atendía ás obrigas familiares que a levaron a residir unhas veces en Castela (Madrid e Simancas) e outras en Galiza (Lugo, Compostela, A Coruña, Padrón), onde ficará definitivamente na década dos 70. Mais o fracaso da Revolución do 68 e a Restauración Borbónica acabaron coa esperanza no futuro. Á ilusión seguiu o desengano, agravado polas dificultades económicas derivadas do cambio político e polas discrepancias e disputas entre Murguía e Lamas, entre o galeguismo progresista e o galeguismo conservador. As consecuencias destes desencontros pagounas Rosalía, pois ficou sen posibilidades de colaborar na prensa galega. A máis relevante escritora das nosas letras tivo que publicar o seu derradeiro poemario galego, Follas Novas (1880), na Habana e Madrid. O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia.
    O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, non sen que antes deixara unha importantísima obra en español, poética (En las orillas del Sar) e narrativa (El primer locoRuinasEl caballero de las botas azules), que aínda non está suficientemente valorada.
    No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición. Os restos da nosa máis insigne escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval.

OBRAS

VIDEOS:

- Vida y obra de Rosalía de Castro.

- Cómo fue la vida de Rosalía de Castro.

- Rosalía de Castro, la grandeza.

- "Adiós ríos, adiós fontes ..." - Amancio Prada

 

VER FOTOS NO CEIP DE QUIROGA

Enlaces a distintas lecturas:

 

 Nestes sitios web atoparás material e información do teu interese:
Amigos del libro. A Asociación Española de amigos do libro infantil e xuvenil ten como finalidade o estudo, a difusión e o fomento da literatura infantil e xuvenil.

Nací para leer. A Asociación Bibliotecaria Americana ofrece consellos e recomendacións para criar nenos e nenas amantes da lectura.

Revista Cuatrogatos. Revista de literatura infantil e xuvenil, ofrece reseñas de libros, entrevistas, enlaces, foro e selección de poesías e contos.

Revista Imaginaria. Revista quincenal de literatura infantil e xuvenil. Presenta comentarios de libros, información sobre autores, publicacións, eventos, artículos, links a sitios relacionados e relatos de experiencias.

Revista Babar. Revista española de literatura infantil e xuvenil que inclúe na súa páxina reseñas de libros, información sobre autores e artículos relacionados co mundo literario.

Club de Lectores Divertidos. O portal ofrece nesta sección información sobre libros para nenos/as e xóvenes.

10 steps to a kid-literate family. Dez suxerencias prácticas que axudarán aos pais a inculcar nos seus fillos o amor polas letras, as palabras y a lectura (en inglés).

A nosa contacontos

Para ver as fotos preme no seguinte icono:

 

                            

 

    El cuentacuentos

   Libros para todas as idades

       Preme para entrar no xogo

  

Distribuir contido


by Dr. Radut