A MILLA DIARIA
Hoxe comezamos o percorrido saudable do noso cole. Cada clase realizará un circuíto adaptado ao seu nivel.
Primeiro estivemos medindo o patio, e coñecendo as distancias que cada clase podería facer. Como se trata de realizar unha milla diaria (1.609 metros) fixemos un reparto das distancias por cursos.
Quedou da seguinte maneira:
O alumnado de 1º de Primaria percorrerán 100 metros.
O alumnado de 2º de Primaria percorrerán 200 metros.
O alumnado de 3º de Primaria percorrerán 300 metros.
O alumnado de 4º de Primaria percorrerán 400 metros.
O alumnado de 5º de Primaria percorrerán 500 metros.
O alumnado de 6º de Primaria percorrerán 600 metros.
COMEZAMOS!