O ALUMNADO DE PRIMEIRO E SEGUNDO VISITA O CIMAR
Hoxe o alumnado de primeiro e segundo visitou o novo CIMAR en San Clodio. Con Roberto Castro profundizaron sobre a importancia do lugar onde vivimos, o Xeoparque "Montañas do Courel", e a pegada dos romanos e castrexos na explotación aurífera da nosa zona. A pesar de que o tempo non acompañou e non puideron ir ao río Sil, Guillermo Díaz Aira trouxo todo o que facía falta para ensinarnos como bateaban naqueles tempos... E mesmo atoparon ouro! Seguimos coñecendo o noso territorio e a nosa historia a través dos ríos.
Podedes ver as imaxes que ilustran este día neste enlace.