Eventos
21 de marzo, día internacional da poesía. Recital de poemas a cargo dos alumnos na biblioteca do colexio.Premendo no seguinte enlace podedes acceder aos vídeo-poemas.
Día da árbore e da agua. Plantamos un salgueiro chorón no patio do cole, despois puxémoslle nome: Choromica.
O día 21 de marzo, os maiores do cole participaron nunca actividade chamada “Sementar, sementarei ” que se desenvolveu no viveiro “Os Trollos” en Bóveda. A actividade de concienciación sobre o cuidado da natureza estaba organizada polo GDR Ribeira Sacra e congregou a 280 rapaces e 27 mestres/as de 13 concellos da Ribeira Sacra.

As nenas e os nenos de educación infantil viaxaron a Ourense, onde asistiron á representación da obra de teatro “Antón Comodón”
Hoxe tocou educación medioambiental e coidado da natureza e os nosos alumnos e alumnas maiores sairon limpar un pequeno tramo do Camiño de Inverno.
Interesante excursión do alumnado de quinto e sexto de primaria ao museo etnográfico Casa do Patrón en Lalín.
Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria tamén saíron facer un tramo do Camiño de Inverno: Caspedro - Quiroga con parada na Igrexa de Hospital.
O pasado día 12 de abril, o alumnado de terceiro e cuarto de primaria realizou unha saída para percorrer un tramo do Camiño de Inverno ao seu paso por Chantada. Aproveitaron tamén para facer unha actividade de ecoloxía e limparon de lixo ese tramo do camiño. Pola tarde visitaron as instalacións do Ecomuseo de Arxeriz e as excavacións arqueolóxicas do castro que alí se atopa.