Skip to Content

Celebramos o Maio e as Letras Galegas

 

O 24 de maio, con algo de retraso por mor do tempo, celebramos no "Prado de Lucas", arredor do impresionante castiñeiro que alí hai, o noso Maio e as Letras Galegas, acompañados por moitos pais e nais.

Xa realizaramos actividades no noso salón arredor de Roberto Vidal Bolaño, e este día realizamos un xantar campestre, xogos populares, bailes e contamos ademais coa actuación dos "Magníficos de Présaras".

Campións provinciais de minivolei

O noso equipo de minivolei alevín resultou campión provincial o pasado 27 de Abril en A Coruña. Felicidades a Sergio, Claudia, Diego, Lucía, Gonzalo, Jenni, Fran e Rubén.

Distribuir contido


by Dr. Radut