Skip to Content

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2020-21

Bo día,

xuntamos no arquivo pdf a ficha de inscrición para que as familias que así o desexen poidan inscribirse nos servizos que ARUME presta no noso centro (Servizos do plan Madruga e do comedor escolar).

É moi importante que a lean detenidamente e que se cubran tódolos datos requiridos na ficha; así mesmo deberán cubrir o nome do centro escolar (CEIP Praza de Barcelos), sen esquecerse de asinala.

Se vos xurde algunha dúbida chamádenos sen problema ao centro ou poñédevos en contacto con ARUME a través dos teléfonos de atención e do correo electrónico que están na ficha.

Sen máis, un saúdo e desexarvos a todos e todas que pasedes un bo verán,

A dirección do CEIP Praza de Barcelos

886 1515 67 / 71  -  ceip.praza.barcelos@edu.xunta.gal

 

 

AdxuntoTamaño
FANPA_FICHA_DEFINITIVA Comedor 2020-21.pdf733.76 KB


book | by Dr. Radut