Skip to Content

Romaría xoves 16 de maio

Estimadas familias:
 
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o  vindeiro xoves 16 de maio organizaremos xunto cos nenos, a tradicional Romaría das Letras, que este ano chega á súa 18ª edición. Estades todas e todos convidadas e convidados a disfrutar deste día tan especial con nos, a partir das 11:30 as familias poderán acceder ao recinto escolar.
 
 Como ven sendo habitual, o horario será de xornada reducida. A saída para o alumnado sen comedor será ás 13:15 horas. A saída do alumnado usuario de comedor será ás 14:45 horas. Lembramos que si algunha familia quere levar á súa/seu filla/o antes da hora de saída, ten que asinar en Conserxería. Se é usuario de comedor, e non queda ese día, deberá avisar no centro antes das 9:45 ben vía telefónica ben por correo electrónico. 
 
Un cordial saúdo.
A directora
 

Mónica Martínez Louzao



blog | by Dr. Radut