Listaxe Definitiva de Admisión Curso 2023/24

Pola presente infórmase que foi publicada a listaxe definitiva de admisión para o curso 2023/2024 no CEIP Praia de Quenxe.

Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no tablón de anuncios do centro (no interior das instalacións do colexio) e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO. 

 

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Mediante a presente, faise saber que rematadas as eleccións ao Consello Escolar que tiveron lugar o pasado luns 28 de novembro, os candidatos elixidos para cada sector foron os seguintes:

REPRESENTANTES DE PROFESORADO:

  • María José Abelleira Santos
  • María del Sagrario Insua Redonda

REPRESENTANTE DO CONCELLO

  • José Antonio Louro Pais

 

Ante esta disposición cabe reclamación ante Xefatura Territorial durante 15 días.

 

O Presidente da Xunta Electoral

Delfino Domínguez Lestón

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

  Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR deste centro, segundo convocatoria do 8 do mes en curso, a XUNTA ELECTORAL deste Colexio informa que ao non terse presentado candidatura algunha dase por rematado o proceso de elección no que ao sector de pais/nais se refire.

O que se fai público para xeral coñecemento. 

CURSO 22/23

CURSO 2022/2023

O curso 22/23 empezará na data recollida na orde do calendario escolar, o 8 de setembro. Tal como recolle a antedita orde, o comedor escolar funcionará con normalidade desde o primeiro día de colexio. Lembrade que é preciso avisar antes das 09:30h se non se vai facer uso do servizo de comedor.

  • O día 8 de setembro incorporarase todo alumnado de Educación Infantil e Primaria.
  • No caso do novo alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos), en breve a titora porase en contacto coas familias para informar, entre outras cousas, sobre o período de adaptación. 

O horario lectivo será o mesmo de sempre: de 09:15h a 14:15h. 

O transporte escolar funcionará con normalidade no seu horario habitual. O uso da mascarilla será obrigatorio no servizo de transporte.

Ao longo destes días iremos informando de todo o relativo ao funcionamento do colexio durante este novo curso.

Aconséllase instalar a aplicación Abalar Móbil no teléfono o antes posible para poder recibir notificacións e información do centro.

No bloque da esquerda desta páxina CURSO 22/23 poderase ir accedendo a todos os documentos máis relevantes deste curso. No apartado autorizacións pódense descargar varios documentos, entre os que se atopan as autorizacións para recoller o alumnado. Se alguén precisa facer uso das anteditas autorizacións xa o primeiro día pode cubrilas na casa e entregarllas ao profesorado ao chegar ao centro.

 

 

Día das Letras Galegas 2022

Día das Letras Galegas 2022

 

Galicia é o que vemos:

a terra, o mar e o vento...

mais hai outra Galicia

que vai no sentimento!

 

Galicia somos nós,

a xente e máis a fala, 

se buscas a Galicia 

en ti tes que atopala!!!

Manuel María 

 Feliz Día das Letras Galegas!! 

 Aínda que a Manuel María xa se lle adicou o Día das Letras no ano 2016 creo que sempre é bo momento para lembrar este poema que celebra a nosa fala e a nosa cultura pero máis no día de hoxe que é nosa xornada festiva para estarmos orgullosos de ter unha lingua e unha culturas propias.

 

 

 O autor ao que se adica neste ano o Día das Letras é Florencio Delgado Gurriarán. Podedes coñecer máis sobre el xogando este Quiz que creei.

Premede na imaxe e abrirase o xogo nunha xanela nova.

Quiz sobre Florencio Delgado Gurriarán

Déixovos tamén o enlace á web de Aulas Galegas, o grupo de docentes que creamos contidos de balde en lingua galega e no que as compañeiras que coordinan a sección de Lingua Galega teñen elaborado unha compilación de recursos para esta data.

Especial Día das Letras en Aulas Galegas

Premendo sobre a imaxe abrirase unha xanela nova co enlace a Aulas Galegas

 

Protocolos e Outros Documentos

Estimadas familias : 

Desde o 20 de abril de 2022, a utilización da máscara deixou de ser obrigatoria na meirande parte dos espazos interiores, incluídos os centros educativos. Non obstante, o CEIP Praia de Quenxe secunda a proposta das Consellerías de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia, que recomendan o emprego da mesma dentro dos centros educativos. Cabe recordar que estas áreas se converten a diario en amplos núcleos de convivencia, resultando imposible, debido á mobilidade e á dinámica das clases, manter en todo momento unha distancia social axeitada que poida evitar a propagación do virus.

Así e todo, queda á vontade das familias o uso da mascarilla no centro educativo estar derrogada a súa obrigatoriedade.

Achégase o último documento publicado en relación ao uso das mascarillas.

Un saúdo,

 

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Botade unha ollada ao traballo do noso alumnado nun día tan especial...

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).  (VER TEXTO COMPLETO)

ALUMNADO DESTINATARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado que foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 (é dicir, as familias que recibiron o vale por valor de 50 euros para a compra de material escolar)

 

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

 

PRAZO: ATA O  26 DE NOVEMBRO DE 2021.

 

ANEXO I: SOLICITUDE.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

CONVOCATORIA

De acordo coa RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS, segundo as seguintes normas:

1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 3 pais/nais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Os outros representantes de pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021.

2.- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día  da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14'00 horas do día 17 de novembro.

3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio ou descargar AQUÍ. As candidaturas poderán ser presentadas desde o 10 de novembro ata as 14:00 horas do día 18 de novembro.

4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 21 de novembro, ás 17:40 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

5.- A campaña electoral comprenderá dende o 22 ao 26 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 27 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 28 de novembro, de 16:10 a 18:40 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 16:00 horas.

8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 2 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio  dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Corcubión, 8 de novembro de 2022

O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,

Delfino Domínguez Lestón.

  

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2021/2022

Ábrese o prazo para solicitude de transporte escolar de cara ao curso 2021/2022.

Os impresos de solicitude pódense recoller no propio centro ou descargar aquí:

  • LEXÍTIMOS   (usuarios/as que utilizan as paradas de Amarela ou Redonda)
  • EXCEPCIONAIS   (usuarios que utilizan as paradas de Vilar, Quenxe ou Praza de Corcubión)

As solicitudes deberán presentarse na dirección do centro en horario de 9:30h a 13:00h.

Prazo de presentación de solicitudes: 

  • do 22 de xuño ata o 30 de xuño
  • do 1 de setembro ao 10 de setembro
Distribuir contido