Tarefas Luns 18 de maio de 2020

TAREFAS DO DÍA.

 

- ASAMBLEA. No Chat en Abalar e na Videoconferencia o grupo de hoxe (explícovos por Abalar a nova dinámica das videoconferencias)

 

- EDUCACIÓN FÍSICA. Ver propostas de Laura no blogue de educación física.

 

- LECTURA e ESCRITURA.

Onte foi o Día das Letras Galegas, 17 de maio de 2020. Hoxe imos adicar a xornada a coñecer un pouquiño sobre o escritor Ricardo Carbalho Calero, ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

 

Preséntovos unhas actividades online para que realicedes.

 

Ø  Biografía do escritor Ricardo Carbalho Calero (facer ata a páxina 31 incluída):

 

http://seminariogalan.org/inicio/ver/467

 

Ø  Actividades sobre o conto “As pitas baixo a choiva”:

 

http://seminariogalan.org/inicio/ver/468

 

ARTE. 

A actividade de arte desta semana será realizar a proposta feita polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, que xa vos enviei o venres e aquí a adxunto de novo.

 

HORA DE LER. Lectura silenciosa durante 20 minutos aproximadamente.

 

Resolvemos dúbidas no correo electrónico, no Chat en Abalar e na videoconferencia.

Bo traballo!!

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Cartel Letras galegas 2020.png1.09 MB
Actividades letras galegas 2020.pdf1.23 MB