Skip to Content

Benvida e primeiras informacións do curso 2022-2023

Benvidos/as ao novo curso 2022-2023

Publicado o Programa de acollida no que se especifican aspectos importantes a ter en conta neste comezo de curso.

 

Venres 2 de setembro:

  • Expostas no taboleiro do centro as listas do alumnado por curso, grupo e titor/a. Recordamos que pola Lei de protección de datos non se poden sacar fotos aos listados.
  • De 9:00 h a 10:30 h entrega dos libros de texto de terceiro de primaria.

CONVOCAMOS ás familias de Infantil e primeiro ciclo de Primaria (1 só membro por familia e alumno/a) a unha reunión de titoría segundo o seguinte cadro horario. Deberán traer o material escolar segundo as instrucións da lista publicada na web.

 

  Martes, 6 de setembro
16 h 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil Na súa respectiva aula, entrada pola porta principal
17.15 h 1º Ed. Primaria Pavillón, entrada polo portalón
17.15 h 2º Ed. Primaria Na súa respectiva aula,entrada pola porta principal

As reunións de pais/nais de segundo e terceiro ciclo de primaria (3º,4º,5º e 6º) serán convocadas polos titores/as ao longo do mes de setembro.

Os ordenadores do Proxecto E-Dixgal para o alumnado de 5º de Primaria serán entregados ao alumnado polos respectivos titores/titoras durante os primeiros días de clase, unha vez as familias asinen o consentimento para o préstamo dos mesmos. 

 

USUARIOS COMEDOR
Os pais/nais/titores que solicitaron o servizo de comedor/madrugadores/almorzo deberán confirmar a asistencia ao mesmo e indicar o día de comezo ao enderezo de correo comedorceippracticas@gmail.comantes do día 6 de setembro.

 
COMUNICACIÓN COA ANPA
Durante o presente curso 2022-2023, a comunicación coa ANPA realizarase do seguinte xeito:

- Para recibir información: canle de Telegram Anpa CEIP Prácticas (https://t.me/anpaceipdepracticas)

- Para contactar: enderezo correo electrónico anpa.practicas.ourense@gmail.com

- Teléfono: 654026112

 

ENTRE TODAS E TODOS, INTENTAREMOS QUE SEXA...

UN BO CURSO!



page | by Dr. Radut