Skip to Content

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro de 1960 acabouse coa vida das tres irmás Mirabal, coñecidas como "as tres bolboretas".

Agora ese día conmemórase o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero".

Hoxe no noso cole tamén conmemoramos esta data facendo dous murais coas bolboretas feitas polos nenos e nenas do cole.

Voade bolboretas!

 



page | by Dr. Radut