Skip to Content

ORIENTACIÓN

Luns, 11 de maio

 

Cuadernos de desarrollo emocional en familia

 

Luns, 27 de Abril

 

Bo día:

Adxunto material para o traballo das emocións na casa:

Emocións

Mércores, 1 de Abril

 

Queridas familias

Nestes momentos de corentena polo COVID-19, somos conscientes de que a realidade que se está vivindo en cada casa é moi diferente. Non a todos está a afectarnos esta situación da mesma maneira e, ao mesmo tempo, non todos os nen@s están a responder igual ante a mesma. Tendo en conta estas diferenzas e sendo conscientes de que cada familia sabedes mellor que ninguén que necesitan os vos@s fill@s en cada momento, deixamos a continuación unha serie de ideas que vos poden axudar a levar estes en días en casa o mellor posible.

  • Instaura rutinas: no día a día, hai tempo para todo. Momentos para realizar tarefas escolares (é importante non perder o hábito de estudio, traballo e lectura nestes días), momentos para axudar en tarefas do fogar (é parte da aprendizaxe da vida e traballa moitas competencias) e, sobre todo, momentos para pasar tempo xuntos, movernos, xogar (non esquezades os xogos dinámicos), facer manualidades. É un tempo onde a imaxinación e a creatividade fará que estemos activos e motivados.

      O ter un horario visual coas actividades para realizar durante o día, pódevos axudar a sentirvos máis tranquilos, a ampliar experiencias e aprendizaxes. É o voso momento para evitar presas e disfrutar das actividades sen sentir que estades a contrarreloxo.

  • Normaliza as emocións: tentade evitar comentarios como “non chores”, “non te enfades”... É normal que ante esta situación haxa momentos de desesperación. Explicar aos vos@s fill@s que é normal que sentan tristes, nerviosos ou enfadados, é un gran paso para que sentan un pouco mellor. Unha vez que identifamos  a emoción, buscaremos xuntos unha actividade para sentirnos máis tranquilos.

     E falando de emocións, que mellor que ver a película “Do revés”, para lembrarnos que as emocións (tanto as positivas como as negativas) son pasaxeiras e necesarias para sobrevivir.

  • Fomenta as actividades positivas: o ter unha lista de actividades que xeren emocións positivas pode axudarvos a previr momentos difíciles ou a actuar cando os vosos fill@s están a poñerse nervios@s. Podedes realizar un panel de cousas que vos relaxan e outro de actividades que vos poñen contentos. Non esquezades revisar o panel das cousas que vos relaxan cando os vosos fill@s póñanse nerviosos. Iso axudaralles a autorregularse. Doutra banda, o marcar as actividades que vos poñen contentos dentro do horario diario ou dun calendario semanal ou mensual, axudaralles  a que se sentan máis tranquil@s e ilusionad@s no seu día a día. Non esquezades poñer nesa lista ou nese calendario eses proxectos que levaredes a cabo unha vez finalizada a corentena.

      Como dixemos ao comezar, cada  nen@ e cada familia é única polo que non dubidedes en poñervos en contacto connosco para calquera cousa na que vos podamos axudar durante estes días.

 

O Departamento de Orientación.

  

Adxuntamos os seguintes arquivos para traballo específico:

 

 

Venres, 27 de marzo

 

Bo día familias:

 A través do seguinte enlace accederedes a un documento con distintas apps para o traballo de habilidades e destrezas específicas, que serven como complemento do traballo de aula.

Apps atención á diversidade

 

Saúdos.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut