Skip to Content

Animación á lectura

Día do Libro 2009

O mércores 23 de abril celebramos no noso centro O DÍA DO LIBRO cunha serie de actividades que tiveron como protagonistas o libro, a lectura e a nosa nova biblioteca.

En primerio lugar, os rapaces do 3º ciclo prepararon contos para os máis pequenos. Botaronlle moito traballo, esforzo e cariño. Representaron os contos A Verdadeira Historia de Carapuchiña, Sal, bebé, Mariposa e as fábulas La Ratoncita y el León y El Topo y la Liebre. Todo un éxito. Noraboa a todos eles.

 

 

Máis tarde, dedicamoslle un tempo a "ler polo pracer de ler" e os nosos pasillos converteronse en recunchos de lectura, cheos de nenos cos seus contos e libros. Acompañados por unha agradable música de fondo gozamos con ese tempo de lecer.

Por último os rapaces cos seus titores subiron a coñecer a nova biblioteca, onde os recibiu a profesora en prácticas, Gemma, á quen moitos coñecen por traballar na Biblioteca Municipal de Durán Loriga. Gemma explicoulles como era o traballo nas bibliotecas e como se organizan. Ademáis os nenos fixeronlle entrega dun agasallo especial: libros novos para unha nova biblioteca que vota a andar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut