Skip to Content

Ed. Infantil

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Todo o alumnado de educación infantil visitou, como  ven sendo habitual todos os anos, o Museo de Belas Artes da nosa cidade. Sempre é unha marabillosa expeirencia contemplar obras de arte, e mellor aínda acompalñados polos compañeiros e compañeiras.

Temos máis fotos na galería.

OS TRANSPORTES

Durante o segundo trimestre, en educación infantil o traballo xirou arredor dos transportes. Como actividade final do proxecto visitamos o MUNCYT, que está moi preto da nosa escola. Premede para ver fotos. Tamén veredes que nave espacial tan chula temos.

VISITA AO IES RAFAEL DIESTE

Na semana das Letras Galegas, o alumnado de 6º de educación infantil acudiu ao IES Rafael Dieste onde lles esperaban os seus padriños e madriñas lectores. Ao chegar visitaron a horta escolar e a aula de ciencias, onde unha profesora do instituto deulles unha mini clase.

Despois, na biblioteca escoitaron o conto da Galiña Azul de Carlos Casares, e a continuación cada neno/a sentouse xunto ao seu padriño ou madriña lector para que lles contasen outra historia. Tamén tiveron ocasión de pintar unha galiña cada un.

Foi, sen dúbida, unha experiencia estupenda onde maiores e pequenos quedaron encantados.

Pinchade aquí para acceder á galería de imaxes.

A NOSA HORTA

Por fin, coa chegada da primavera, comezamos a traballar na horta. O tempo está estupendo e temos moita ilusión. Así que queremos mostrarvos os nosos traballos iniciais. Pinchade na foto e poderedes acceder á galería de fotos nas que veredes como van as cousas.

EMOCIÓNS DE CORES

Os sentimentos e as emocións están centrando o noso traballo en educación infantil durante este inicio de curso. Andamos a aprender xunt@s sobre as nosas emocións a través do xogo, dos contos, da música, dos demais,..... Que son os sentimentos, como nos sentimos, como se senten os demais,...

A escola, como lugar de encontro e de experiencias é un lugar privilexiado que aporta numerosas oportunidades relacionais para traballar este tipo de competencias.

Así que comezamos a nosa aventura, como sempre con ilusión e esperando disfrutar tod@s xunt@s das nosas aprendizaxes.

.

ABRIUSE UN GROMO

 

Lembrades o proxecto que iniciamos en abril na Educación Infantil? Pois xa deu os seus froitos (nunca mellor dito!).

Plantamos moitas sementes: unhas medran moi rápido e outras moi amodo. Estas últimas aínda necesitan crecer un chisco máis, pero as outras xa están comestibles. 

E fomos apañalas, entón! Collemos coitelo e bañeira e xuntámonos todos e todas na horta. Recolleitamos leitugas, berros (algúns e algunhas pensan que era cilantro), amorodos e... tomates non puidemos porque non saiu ningún (lévano con calma). Trouxémolos da casa, logo.

 

Ao día seguinte, preparámolo todo para o banquete. Lavamos a comida moi ben, botámola en boles, aliñámola e, ao final, comémola. Pódese asegurar que algúns e algunhas incharon a ensalada! Bo proveito!

A HORTA DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL

Ao longo deste último trimestre, estamos desenvolvendo un proxecto sobre plantas. Por iso, despois de recabar información, comezamos a preparar unha pequena horta.

Primeiro de todo foi preparar a terra, houbo que sachar. Aprendemos que hai diferentes ferramentas con diferentes funcións.

Ao principio a terra estaba moi dura, pero co esforzo de todos e todas fomos mellorando o terreo.

Unha vez, preparada a terra houbo que pensar en sementar. Que cultivos serían máis doados e darían mellores resultados?

Os nenos e nenas pronto comezaron a achegarnos cousas dende a súas casas: plantas de amorodos, tomates, xirasois, perexil, leitugas, etc..
Pouco a pouco, a horta vai despegando. Hai que regar, esperar,... Etiquetamos todo para recordar o que é cada cousa.

E como podedes ver, pouco a pouco, o traballo e dedicación dos nenos e nenas de infantil vai dando os seus froitos.

 

Que fermosas leitugas! Que fermosa horta!


E se queres ver máis fotos, preme sobre esta.

 

CONTO INVENTADO CONXUNTO

Para o Día do Libro estamos a desenvolver algunhas iniciativas. En Educación Infantil, decidimos crear un conto entre todos e todas. Partimos dunhas ilustracións elaboradas polos cativos e cativas de Primaria.

Comezaron co conto os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil. Velaquí o seu relato:

HABÍA UNHA VEZ UNHA NENA QUE SE CHAMABA SILVIA. TIÑA TRECE ANOS E ERA MORENA, GUAPA E BAIXIÑA. VIVÍA NAS ILLAS CANARIAS. 

UN DÍA, SAIU PASEAR POLA PRAIA DA SÚA VILA COA SÚA CADELA, PIPA. SOLTOULLE A CORREA PARA QUE CORRESE MELLOR E MARCHOU CARA UNHAS DUNAS.

PASOU UN TEMPO E, COMO NON VOLVÍA, SILVIA CHAMOUNA PERO NON APARECÍA. FOI BUSCALA POR TODA A PRAIA E ATOPOU, TIRADOS AO CARÓN DUNHA PALMEIRA, UN ESCUDO E UNHA ESPADA MOI ANTIGOS. SILVIA ESTRAÑOUSE E COLLEUNOS COA MAN.

Continuaron a historia os nenos e nenas de 4 anos (5º nivel).

A NENA FIXOUSE QUE, ENTRE AS FOLLAS DA PALMEIRA, HABÍA AGOCHADO UN CABALEIRO. SILVIA COLLEU O ESCUDO E A ESPADA E SAIU CORRENDO. O CABALEIRO, QUE SE CHAMABA DAVID, CANDO VIU A SILVIA, BAIXOU DA ÁRBORE E FOI ONDA ELA. XUNTOS MARCHARON A BUSCAR A PIPA.

MENTRES A BUSCABAN, ATOPARON UN CASTELO E, DENTRO DEL, ESTABA A CADELA.

 AO SAÍR DO CASTELO... ATOPARON UN DRAGÓN.

LOITARON: O CABALEIRO CO ESCUDO, SILVIA COA ESPADA E PIPA COS LADRIDOS. DE SÚPETO, A CADELA MORDEULLE UNHA PATA AO DRAGÓN QUEN, CO MEDO, SAÍU VOANDO.

E, logo, tocoulles aos de 3 anos rematalo.

ESCAPOU ATA A MONTAÑA ONDE VIVÍA. SILVIA, O CABALEIRO E PIPA PERSEGUÍRONO.

—FÓRA DA MIÑA CASA! —BERROU O DRAGÓN E SAIU VOANDO A CAPTURAR A SILVIA.

A NENA ESQUIVOUNO PERO PIPA, QUE ESTABA AO SEU LADO, NON PUIDO E O DRAGÓN COMEUNA DUN SÓ BOCADO. PIPA ESTABA NA BARRIGA DO DRAGÓN E QUERÍA SAÍR.

QUIXO FACER UN FURADO COS DENTES NELA PERO NON O CONSEGUIU. SILVIA, ENTÓN, PROBOU COA ESPADA E ABRIU UN OCO NA TRIPA DO DRAGÓN. PIPA SACOU UNHA PATA; LOGO, DÚAS; DESPOIS, TRES PATAS; E AS CATRO; E, FINALMENTE, COLOU A CABEZA E O RESTO DO CORPO.

POR FIN, PIPA ERA LIBRE E, COA SÚA PATA TAN QUENTIÑA, QUEIMOU O DRAGÓN QUE ESCAPOU VOANDO CARA A PRAIA ONDE TODO COMEZARA.

ÁBRESE UN GROMO

Van Gogh Museum

Coa chegada da primavera, aparecen nos nosos campos e xardíns flores e plantas fermosísimas que espertan a nosa curiosidade. Aproveitamos, entón, este potencial motivador para comezar un novo proxecto en Educación Infantil dedicado ao mundo vexetal. Imos tratar todo tipo de recursos relacionados con esta temática:

  • Poesías, pinturas, libros...
  • Vídeos, películas, cancións...
  • Sementes, plantas reais, etc.
  • Instrumentos relacionados co cultivo...
  • E ata tentaremos montar unha pequena horta no patio.

Coma sempre, esperamos contar coa vosa colaboración, tanto coa vosa presenza para a realización dalgunha actividade como coa vosa achega de diversos materiais que enriquezan o noso traballo e as nosas aprendizaxes. Por exemplo, agora mesmo necesitamos un sacho para remexer a terra.

Ábrese un gromo,

sae unha flor

A primavera

ole a calor.

Antonio García Teijeiro

RESUMO DO PROXECTO SOBRE LUGRÍS

O remate do 2º trimestre supuxo tamén a finalización da nosa investigación sobre a vida e obra do pintor Urbano Lugrís. Recompilamos unha chea de información que nos serviu para realizar moitas tarefas na aula, pero, a xeito de resumo, deixámosvos un póster dixital. Premede na imaxe para acceder a el.

Distribuir contido


by Dr. Radut