Skip to Content

Ed. Física

Luns, 8 de xuño

Bo día!

Esta semana imos "traballar" un pouco co frisbee: cómo facer un na casa, cómo son os agarres e as recepcións, cómo podemos xogar con el coa familia e os amigos ... e a historia e regras dun xogo de equipo, o Ultimate, que normalmente traballamos en 5º e 6º de EP no último trimestre.

Veña, a construir e a practicar!!

Que teñades boa semana.

 

 Cómo facer un frisbee

 

 

Aprendemos a lanzar un frisbee

 

O XOGO DO ULTIMATE

 

 

 

 

 

 

 

 

Luns, 1 de Xuño

 

Ola a tod@s unha semana máis:

Espero que esteades ben. Supoño que agora ao poder saír da casa xa os estades movendo por fóra: camiñando, correndo, en bicicleta, patíns..., pero aínda así, propoño algunhas actividades para facer na casa, neste caso para traballar os desprazamentos, o equilibrio e de novo a coordinación. Así que se tedes un pouquiño de tempo e vos apetece podedes facelas.

Desprazamentos


Equilibrio


Coordinación

 

Recordade que se queredes mandarme algún vídeo, foto ou simplemente comentarme algo podedes facelo no correo efpracticas20@gmail.com 

 

Un saúdo e boa semana a tod@s.

 

Luns, 25 de Maio

 

Boas chicos e chicas:

 

Espero que esteades tod@s ben e con moitas ganas de facer cousas. Esta semana traballaremos os Xogos Populares; si, si, eses xogos aos que xogamos ás veces e que xa son da época dos nosos pais, nais, avós, avoas... Existen moitos xogos populares, tanto galegos como de outras Comunidades.

Eu propoño, construir algúns para poder despois xogar con eles. Por exemplo:

 A Zoadeira

 

Tres en raia

 

A corda

 

Pelota - cometa

 

Zancos

 

Déixovos tamén unha pequena presentación doutros xogos populares como a corda, o peón, a mariola... e, dentro desta presentación, onde aparece unha lupa, un traballiño, concretamente para 5º e 6º EP. O traballo consiste en buscar un xogo popular que te guste ou que non coñezas (podemos preguntarlle aos pais e avós), e facer unha pequena ficha ben seguindo o modelo que aparece na presentación, ben de forma libre e mandala mediante arquivo ou foto a efpracticas20@gmail.com.

 

Os demais cursos, poden facer a mesma tarefa ou un debuxo dun xogo popular que queiran e envialo tamén ao correo.

Que teñades boa semana!!

Saúdos

 

Luns 18 de Maio

 

Ola!! Esta semana traballaremos a coordinación nun espacio reducido, dentro dun ou varios cuadrados e que pode ser individual, ou en compañía.  Teredes que prestar moita atención e estar concentrados pero, sobre todo, pasalo ben coa actividade. Tedes varias opcións, podedes elixir a que queirades… ou facer todas.

  • Coordinación en espello

  • Coordinación 1 cuadrado

  • Coordinación 2 cuadrados

 

Luns 11 de Maio

 

Boas chicos e chicas!!

Unha semana máis e continuamos con outras propostas. Esta semana imos traballar a coordinación óculo-manual con exercicios variados, uns máis  sinxelos e outros que precisan de máis práctica.

Por un lado e, como poderedes ver nas imaxes, temos xogos de lanzamento de pelotas a botellas ou rolos de cartón de papel de cociña ou hixiénico; tamén lanzamento de discos (feitos con pratos de cartón ou similar) para encestalos nun rolo de cartón de papel de cociña. E lanzamento a cubos, caixas ou recipientes variados, onde podemos poñer maior ou menor puntuación en función da dificultade do lanzamento. Para lanzar podemos empregar unha pelota que teñamos por casa, un par de calcetíns co que facemos un pequeno bulto, un peluche, unha pelota de malabares feita por nós (ver o vídeo máis abaixo)...

 

 

 

 

Por outro lado para os máis maiores, temos uns vídeos de iniciación aos malabares, previa elaboración das pelotas precisas para a práctica.

Os pequenos tamén podedes elaborar as pelotas e empezar a practicar ou simplemente xogar con ela

 

Como facer pelotas de malabares

Iniciación malabares con 1 pelota

Malabares con 2 pelotas

Malabares con 3 pelotas

 

Espero que a pasedes ben, tanto na elaboración como na práctica dos xogos.

Recordade que podedes mandarme fotos ou vídeos facendo as actividades ao correo efpracticas20@gmail.com e se queredes que se publiquen na web para que as vexan os demais, o comentades no correo. 

Saúdos!!

 

Martes, 5 de Maio

 

Hola a tod@s:

Espero que estedes todos e todas ben e que aproveitedes esa hora que podedes sair todos os días para respirar e moveros un pouco, pero sempre con cabeciña, eh!!! Camiñar, correr, andar na bici, no patinete, no monopatín, en patíns..., creo que despois de tantos días sen saír, eses momentos aprovéitanse e disfrútanse moito máis que antes.

Aquí deixo algúnhas ideas máis de cousas que podedes facer todos e todas na casa

 

Para 5º e 6º EP: Dado que, antes de que se suspenderan as clases, tiñamos prevista a visita dun membro de Protección Civil do Concello, para que nos dera unha charla teórica-práctia de 1os auxilios, aquí deixo uns vídeos cortiños con situacións nas que é moi importante saber reaccionar e actuar para salvar vidas.

Una vez que vexades os vídeos, tedes que cubrir una FICHA cunhas preguntas sobre os mesmos, que podemos facer a man ou no mesmo ficheiro, e envialo ao meu correo electrónico efpracticas20@gmail.com

  • PLS (posición lateral de seguridad)

 

Luns, 27 de Abril

 

As propostas para esta semana son:

  • Unha actividade que implica algo de manualidades e exercicios de coordinación e equilibrio. Pasillo de mans e pes.
  • Exercicios de Forza - resistencia

 

 

 

  • Xogo para o traballo da velocidade de reacción. (Os máis pequenos en vez de empregar números poden empregar cores).

 

 

 

 

  • Para relaxarnos, exercicios de flexibilidade cunha iniciación ao ioga

 

  • E para os/as máis bailaríns, unha coreografía da canción que máis soa estes días na radio, "Resistiré".

 

 Moito ánimo que o estedes facendo todos e todas xenial!! Xa falta menos para volver a vernos. Unha aperta!!!

 

Luns, 20 de Abril

Ola, chicos e chicas, que tal vai esa cuarentena? Supoño que uns días os levades mellor que outros coma todos. Espero que dediquedes algúns minutos a mover o esqueleto para que non se acomode demasiado. Xa sei que, según as circunstancias de cada un, teremos máis ou menos espazo para movernos, pero o voso corpo e a vosa cabeza agredecerá un pouco de movemento. Irei subindo algunha proposta de actividade por se vos animades a facela tanto vós como o resto da familia, xa que, as actividades en conxunto son as que máis molan.

Unha proposta xeral para todos é un xogo de mesa, A OCA, que nos levará a facer actividades en función do lugar no que caiamos. Quen será o primeiro/a en chegar ao final? Poño varias propostas para que fagades a que máis os guste…ou todas.

 

A continuación propoño unha serie de bailes por cursos, pero podedes intentar facelos todos, pois son moi divertidos. Da igual se o fas mellor ou peor o caso é mover o corpo e sobre todo pasalo ben e botar unhas risas. Recordade mover un pouco as articulacións antes para quentar un pouquiño.

Se tedes algunha dúbida, queredes mandarme algún vídeo dos vosos bailes/actividades deportivas ou simplemente comentarme algo, podedes mandarme un correo a efpracticas20@gmail.com.

Unha aperta moi grande para tod@s!! 

Moito ánimo!!!

 

INFANTIL, 1º e 2º EP

 

3º e 4º EP

 

5º e 6º EP

 

SUXESTIÓNS PARA AS FAMILIAS

 

Ola a tod@s:

 

    Dado que nos toca estar en casa e sen poder saír, sería bo organizar espazos de xogos e actividades variadas.
 
    Seguramente xa sabedes que o recomendable para estes días é marcar unha rutina para pequenos e maiores, un horario de actividades “tipo”, co tempo organizado, para que os rapaces se sintan máis seguros, o que resulta máis doado de levar tamén para os adultos. Hai moitos exemplos colgados nas diferentes webs, por exemplo:

9.00„ ERGUERSE

10.00„ TRABALLO DO COLE (sen agobios nin presión)

11.00 „ TAREFAS DE CASA (axudar a limpar, varrer...)

12.00 „ ACTIVIDADE FÍSICA (30 minutos ou así con actividade física ou baile)

13.00„ XOGO LIBRE

14.00 „ COMIDA (se poden colaborar na elaboración dalgún prato ou postre, estupendo!)

15.00 „ DESCANSO

16.00 „ MANUALIDADES

17.00 „ MERENDA

18.00 „ ACTIVIDADE FÍSICA (CIRCUITO DE HABILIDADES FÍSICAS OU BAILE, IOGA...)

19.00 „ XOGO LIBRE

20.00 „ DUCHA

21.00 „ CEA

21.30 „ DESCANSO PARA O DÍA SEGUINTE

 

    Procurade que a alimentación sexa o máis saudable posible, contando con proteínas e hidratos de carbono, froitas e verduras e escapando de azucres, bollería con graxas saturadas e bebidas azucradas, dado que ao limitarse o movemento por non saír á rúa e exercitarse, o exceso de azucra será prexudicial no metabolismo do corpo, podendo almacenarse como graxa.

     Dado que todos precisaremos movernos un pouco e é preciso gastar enerxía para seguir saudables, a miña proposta de ACTIVIDADE é un pouco xeral; hai algunhas actividades que son válidas para os máis peques (etapa infantil e primeiro e segundo de primaria), pero tamén para maiores, adaptando ou ampliando espazos ou materiais.

    E logo hai actividades que xa van encamiñadas aos maiores (a partir de terceiro de primaria en adiante), onde as propostas xa son de actividades de maior dificultade ou de visitar páxinas web onde xa hai propostas de clases de baile, ioga ou outras actividades que poden facer coas familias.

   Podedes acceder a proposta de actividades AQUI.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut