Benqueridas familias:
Un saúdo moi especial para todos e un moi especial para todas as nenas e nenos.
Ao longo de este tempo de estadía na casa iremos subindo distintas actividades.
Suxerencias xerais para este tempo:
- Lectura: ler, todos os días de 20 a 30 minutos, en voz alta. Podedes ler os vosos libros favoritos.
- Adicarlle, cada día, arredor de 45 ou 50 minutos as fichas de lengua e outros 45 as de língua. Tamén sería bo copiar un pequeno texto tendo en conta non cometer erros e facer boa letra.
- En días alternos pódense adicar uns 50 minutos a sociais e a naturais. Pódense repasar os temas dados e aproveitar para investigar e buscar información e curiosidades sobre o xa estudiado.
- Adicar un tempo diario as manualidades e as actividades artísticas: debuxar, pintar, crear algún xogo novo (crebacabezas, xogos de memoria...), representar poesías... A mellor arma é a vosa creatividade.
- E moi importante que cada día adiquemos un tempo ao descanso e ao movemento, o exercicio físico é importantísimo.
Seguiremos engadindo actividades e poñendo as solucións as xa colgadas unha vez pase o tempo necesario para facelas.
Un saúdo para tod@s e verémonos despois de este tempo con máis forza para traballar.
A vosa titora.
Lengua
Ficha 1 - Ficha 2 - Ficha 3 - Ficha 4 - Comprensión lectora - Soluciones
Lingua
Ficha 1 - Ficha 2 - Fichas de Lingua - Comprensión lectora - Solucións - Solucións fichas de Língua
Ciencias naturais
- Repaso tema 1 - Solucións
Ciencias sociais
- Repaso tema 1 - Solucións
VISITAS VIRTUAIS
MATEMÁTICAS
RECOMENDACIÓNS PARA OS TRABALLOS DE MATEMÁTICAS
Bo día a todos os meus alumnos e alumnas de 3º:
Que curso máis raro está sendo este, verdade? Todos na casa, sen vir ao colexio...pero vos xa sodes maiores e comprendedes perfectamente que isto é o que hai que facer agora, polo ben de todos...
Pero tranquilos, xa queda menos e cando nos demos conta estaremos outra vez no cole, abrazando aos compañeiros, charlando cos profes, con Natalia, con Carmen e con todos e xogando e aprendendo un montón de cousas.
Quero que saibades que todos os profes do cole nos acordamos moito de vos e estamos desexando estar con vos outra vez.
Pero mentras chega ese momento, toca traballar un pouquiño na casa, coas fichas que colguei a pasada semana na páxina web do cole e por se algún xa as acabou, mandovos unhas pouquiñas máis.
É importante que as vaiades facendo pouco a pouco, alternando contidos distintos (unhas poucas divisións, despois problemas, noutro intre cambios de unidades de medidas...), deste xeito será máis levadeiro.
Procurade tamén facer outras actividades que sexan divertidas, facede manualidades e procurade ler, ler moito. Ah! e non vos olvidedes de axudar na casa , de estar do mellor humor posible e, sobre todo, de ser moi cariñosos cos vosos pais, irmáns, avós...e xa veredes como así o tempo pasa antes.
Un abrazo moi forte para todos.
Juan (o profe de mate)
Ficha 1 - Ficha 4 - Ficha 6 - Ficha 8 - Ficha 10 - Ficha 12