Skip to Content

Escolares

EDUCACIÓN VIAL NA ESCOLA

A pasada semana o alumnado de 2º de primaria participou nunha actividade de educación vial organizada coa colaboración do Concello. Concretamente contamos coa presenza da policía local. Primeiro traballáronse diferentes contidos na aula e despois fíxose unha saída xunto coa profesora e un grupo de familiares que tamén quixeron participar.

 

Pincha na foto se queres ver máis.

CADERNO DE ENTROIDO 2013

O CEIP de Prácticas desexalles un bo entroido

Celebración das Letras Galegas

Do 19 ao 21 de maio levamos a cabo diferentes actividades
para celebrar as nosas letras e recordar aos nosos escritores.
Durante eses días alumnos do 2º e 3º ciclo fixeron de contacontos para os de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria.
O día 21 tivo lugar un acto conxunto no que alumnos de todos os niveis
participaron lendo poesías, cantando ou contando chistes.

Ao remate acompañounos un gaiteiro cuxas pezas bailamos.

As seguintes imaxes mostran distintos momentos das actuacións.
(para ver máis, premer neste enlace).

 

 

   
   

 

 

   
   

23 de abril - Día do libro

 

Encontro cun escritor

Os alumnos de 3º ciclo de Primaria mercaron e leron o libro

Mil cousas poden pasar-Libro 1, premio Merlín de Literatura Infantil 2009, do escritor-ilustrador Jacobo Fernández Serrano.

 

   

 

Ao remate, coloquio con preguntas sobre o propio escritor, o libro, técnicas de ilustración,..e dedicatoria con debuxo por parte do autor.

Esta actividade está incluída no Proxecto Lector deste ciclo.

 

 

Taller de Literatura

Os alumnos do 2º e 3º ciclo de E. Primaria traballaron, por parellas, co resto de alumnos do centro, intercambiando a lectura, ilustración e comentario e, nalgún caso, ficha bibliográfica dun libro. Algúns traballos expuxéronse posteriormente.

  

 
   

Proxecto África

  Queremos facer partícipe a toda a comunidade educativa dunha exposición que estamos celebrando no colexio con temas de África. O proxecto UNHA VIAXE POR ÁFRICA realízase como unha actividade incluida no Proxecto Lector 2008/09 do centro.

 

Pártese, como motivación, dunha exposición que se monta no colexio con diferentes materiais que está relacionados co continente africano. A Biblioteca Municipal apoiou dende o principio o proxecto con préstamos de libros que teñen como tema África, e tamén aportou materiais diversos, como mapas, pegatinas...

 

Asímesmo, as  familias dos alumnos e o profesorado, colaboraron   cedendo diferentes obxectos de orixe africana: artesanía, xoguetes, roupas, instrumentos musicáis, muráis, CDs e varios utensilios da vida cotiá.A exposición organizase por temas: Exipto, música africana, contos...A Cruz Vermella ofreceuse, a través do seu Director de Voluntariado e Cooperación Internacional , Juan Redondo Abelenda, para instalar unha exposición paralela no centro que baixo o nome ÁFRICA COTIÁ enriquece e complementa o noso Proxecto. Esta organización enviou tamén, voluntarios e cooperantes que manterán unhas charlas informativas cos cursos superiores.

 

A finalidade de todas estas actividades é achegar aos nenos/as a outras culturas a través do mundo visual e sonoro. É tamén outro obxectivo a conseguir a concienciación, por parte do noso alumnado do importante labor desenvolvido polas ONGs neste continente.

 

 

 

 

                                    (ver galería de fotos)  (ver video "bailando...")  

Distribuir contido


by Dr. Radut