Skip to Content

CONCERTO PARA EDUCACIÓN INFANTIL: ARCOS IRIS

O alumnado de infantil disfrutou esta semana dun interesante concerto de corda sobre música e emocións.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O dia 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Realizamos diversas actividades para conmemoralo e, entre elas, unha recollida de alimentos para a ONG Rías Altas. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración.

 

 

 

EDUCACIÓN VIAL NA ESCOLA

A pasada semana o alumnado de 2º de primaria participou nunha actividade de educación vial organizada coa colaboración do Concello. Concretamente contamos coa presenza da policía local. Primeiro traballáronse diferentes contidos na aula e despois fíxose unha saída xunto coa profesora e un grupo de familiares que tamén quixeron participar.

 

Pincha na foto se queres ver máis.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres, 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a violencia de xénero e no colexio fixemos unha pequena escolma de contos para traballar esta temática durante estes días.

 

 

EMOCIÓNS DE CORES

Os sentimentos e as emocións están centrando o noso traballo en educación infantil durante este inicio de curso. Andamos a aprender xunt@s sobre as nosas emocións a través do xogo, dos contos, da música, dos demais,..... Que son os sentimentos, como nos sentimos, como se senten os demais,...

A escola, como lugar de encontro e de experiencias é un lugar privilexiado que aporta numerosas oportunidades relacionais para traballar este tipo de competencias.

Así que comezamos a nosa aventura, como sempre con ilusión e esperando disfrutar tod@s xunt@s das nosas aprendizaxes.

.

ABRIUSE UN GROMO

 

Lembrades o proxecto que iniciamos en abril na Educación Infantil? Pois xa deu os seus froitos (nunca mellor dito!).

Plantamos moitas sementes: unhas medran moi rápido e outras moi amodo. Estas últimas aínda necesitan crecer un chisco máis, pero as outras xa están comestibles. 

E fomos apañalas, entón! Collemos coitelo e bañeira e xuntámonos todos e todas na horta. Recolleitamos leitugas, berros (algúns e algunhas pensan que era cilantro), amorodos e... tomates non puidemos porque non saiu ningún (lévano con calma). Trouxémolos da casa, logo.

 

Ao día seguinte, preparámolo todo para o banquete. Lavamos a comida moi ben, botámola en boles, aliñámola e, ao final, comémola. Pódese asegurar que algúns e algunhas incharon a ensalada! Bo proveito!

DÍA DO LIBRO 2016

O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. No colexio levamos varios días conmemorando esta data a través de moitas actividades. Por exemplo, algúns mestres/as están acudindo a ler contos a clases diferentes ás súas e os nenos/as maiores iranlles contar algunha historia aos máis pequenos/as.

Pola súa parte, os cativos/as de Educación Infantil inventaron, entre as tres clases, un conto apaixoante que foron entregando por capítulos nesta ligazón. Premede na imaxe para velo.

Pero aínda hai máis. Os nenos/as de Primaria participaron nun concurso de ilustradores/as e creadores/as de contos. Primeiro, cada un/nha imaxinou e debuxou catro elementos para un conto. Reparade na cantidade de ingredientes que había para comezar a pensar historias. Puxéronse mans á obra e cada neno/a redactou un relato propio. Xuntouse unha magnífica colección de aventuras e desventuras con mil e un personaxes.

Os gañadores/as e algún outro están expostos na entrada do colexio para que lle poidades botar un ollo. Atoparedes títulos tan atractivos como:

  • El fantasma de María (1º EP).
  • La niña y el cristal mágico de Martina (2º EP).
  • La gran aventura de Manuel y Parlanchín de Carmen (3º EP).
  • Unha historia de amigos de Isabel (4º EP).
  • El perro salvador de Nicolás (5º EP).
  • El sueño de Pedro de Candela (6º EP).

E ilustracións tan suxestivas como:

Sara (1º EP)

Fabián (2º EP)

 

Carolina (3º EP)

Lía (4º EP)

Antía (5º EP)

Laura (6º EP)

ÁBRESE UN GROMO

Van Gogh Museum

Coa chegada da primavera, aparecen nos nosos campos e xardíns flores e plantas fermosísimas que espertan a nosa curiosidade. Aproveitamos, entón, este potencial motivador para comezar un novo proxecto en Educación Infantil dedicado ao mundo vexetal. Imos tratar todo tipo de recursos relacionados con esta temática:

  • Poesías, pinturas, libros...
  • Vídeos, películas, cancións...
  • Sementes, plantas reais, etc.
  • Instrumentos relacionados co cultivo...
  • E ata tentaremos montar unha pequena horta no patio.

Coma sempre, esperamos contar coa vosa colaboración, tanto coa vosa presenza para a realización dalgunha actividade como coa vosa achega de diversos materiais que enriquezan o noso traballo e as nosas aprendizaxes. Por exemplo, agora mesmo necesitamos un sacho para remexer a terra.

Ábrese un gromo,

sae unha flor

A primavera

ole a calor.

Antonio García Teijeiro

RESUMO DO PROXECTO SOBRE LUGRÍS

O remate do 2º trimestre supuxo tamén a finalización da nosa investigación sobre a vida e obra do pintor Urbano Lugrís. Recompilamos unha chea de información que nos serviu para realizar moitas tarefas na aula, pero, a xeito de resumo, deixámosvos un póster dixital. Premede na imaxe para acceder a el.

VINDEIRAS SAÍDAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Esta tempada, os nenos/as de Educación Infantil non van parar: realizarán tres saídas.

A primeira, o vindeiro venres, 19 de febreiro. Os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Infantil asistirán, xunto co titor/a e mestra de apoio, á sala de teatro do Fórum Metropolitano para gozar da obra Giuseppe y Peppina, representada polo grupo arxentino El Retablo.

 

Fórum Metropolitano

A segunda, mércores, 24 de febreiro. Os nenos/as de 4º e 5º de Infantil visitarán o Museo de Belas Artes. No marco da iniciativa didáctica sobre o pintor Urbano Lugrís, acudirán á pinacoteca e verán in situ algún dos seus cadros. Lembrade que o alumnado de 6º de Infantil xa estivo alí.

Museo de Belas Artes

E a terceira, mércores, 2 de marzo. Todos os niveis de Infantil asistirán, xunto co titor/a e mestra de apoio, ao Pazo da Ópera para asistir ao concerto didáctico: O efecto Arcos Iris. Unha viaxe fascinante polas emocións a través da música. Xa sabemos cal vai ser o repertorio que nos van ofrecer e, por iso, podemos ir quentando motores consultando a seguinte lista de reprodución.

Distribuir contido


by Dr. Radut