Skip to Content

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns 25 de novembro a nosa comunidade educativa conmemorou o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Alumnado de todos os cursos participou na confección dunha pancarta que se puxo no patio cuberto onde, en presencia de toda a comunidade educativa, léronse lemas escritos pol@s alumn@s de 6º de EP. Tamén participamos tod@s, vestidos de negro e coas mans pintadas de violeta, na interpretación da canción CHEA DE VIDA de Guadi Galego.

 

Nos próximos días poderedes ver o vídeo no noso blog.

O martes 26 continuamos coa celebración, en todos os cursos, cunha actividade de teatro e taller que rematou coa formación dun lazo violeta no patio.



page | by Dr. Radut