Skip to Content

CAMPAÑA CAMIÑOS SEGUROS

Recentemente celebrouse o concurso escolar de cartas e debuxos sobre seguridade viaria organizado pola asociación Stop Accidentes e a Fundación Mapfre coa colaboración de diferentes organismos públicos como o Concello da Coruña.

Dito concurso está relacionado coa campaña Camiños Seguros, consistente no deseño dunhas rutas seguras para que os rapaces poidan ir ao colexio en grupo de forma segura seguindo os camiños marcados con raniñas que hai por toda a cidade.

Como sabedes, o noso centro está a participar durante este curso tanto na campaña dos camiños seguros como no concurso, así como noutras actividades de fomento da seguridade viaria e da mobilidade sostible como foi a Semana Europea da Mobilidade ou mais recentemente a proxección no centro dunha película sobre o inimaxinable esforzo que para moitos rapaces de distintos lugares do mundo supón chegar cada día aos seus colexios.

Dende aquí queremos agradecer o esforzo de tod@s @s alumn@s de 3º a 6º do CEIP de Prácticas que presentaron as súas cartas e debuxos ao concurso. Singularmente queremos destacar a Sara Grisales ÁvilaMaría Bellas SánchezClaudia Rodríguez Gude que chegaron a ser finalistas no certame e moi especialmente damos ao nosos parabéns a Sara García Dapena de 6º curso que conseguiu ser unha das gañadoras coa súa carta, a cal ilustra o mes de maio do calendario elaborado polos organizadores para celebrar este evento.

Sara García Dapena lendo a súa carta.

Imaxe con todos os gañadores e finalistas.



page | by Dr. Radut