Skip to Content

ESTUDIO INTERNACIONAL SOBRE SAÚDE INFANTIL

Estimadas familias:

Na actualidade estase desenvolvendo un Estudio Internacional sobre Saúde Infantil no que participan a Consellería de Sanidade do goberno de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación María José Jove.

Conscientes da importancia do mesmo, o noso colexio vai colaborar nese estudio, polo que todas as familias d@s alumn@s de 1º e 2º de Educación Primaria recibirán nestes días un cuestionario voluntario para responder na casa.

Canto maior sexa a paticipación máis fiables serán as conclusións que se poidan obter cara unha mellora futura da saúde infantil polo que dende o centro animamos a todas as familias a participar no estudio.

A data tope para devolver os cuestionarios cubertos será o venres 18 de xaneiro.



page | by Dr. Radut