Skip to Content

O CEIP DE PRÁCTICAS PARTICIPA NA CELEBRACIÓN DA SEMANA DE XAPÓN EN GALICIA

Por primeira vez o CEIP de Prácticas participu nos actos de conmemoración da Semana de Xapón en Galicia. O evento tivo ademáis especial relevancia este 2018 por cumprirse 150 anos do estrablecemento de ralacións diplomáticas entre Xapón e o estado español. A celebración desenvolveuse durante tres días en Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña, fundamentalmente nas tres universidades e nas Escolas Oficiais de Idiomas e este ano tamén no noso colexio.

 

O obxectivo principal desta participación era que o alumnado coñecese máis de cerca outras culturas distintas ás do noso entormo, despertando así a súa curiosidade sobre outras formas de pensar e vivir.

Nesta ocasión, dous membros da embaixada xaponesa en Madrid estiveron no colexio representando un Kamishibai, forma tradicional xaponesa de contar os contos axudándose de láminas con imaxes. Asimesmo lles explicaron aos rapaces moitas outras curiosidades e costumes do pobo nipón.

         

Esperamos que o vindeiro curso o noso centro poida acoller incluso un maior número de actividades sobre a cultura, o pensamento e as tradicións de Xapón.

       



page | by Dr. Radut