Skip to Content

CONTO INVENTADO CONXUNTO

Para o Día do Libro estamos a desenvolver algunhas iniciativas. En Educación Infantil, decidimos crear un conto entre todos e todas. Partimos dunhas ilustracións elaboradas polos cativos e cativas de Primaria.

Comezaron co conto os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil. Velaquí o seu relato:

HABÍA UNHA VEZ UNHA NENA QUE SE CHAMABA SILVIA. TIÑA TRECE ANOS E ERA MORENA, GUAPA E BAIXIÑA. VIVÍA NAS ILLAS CANARIAS. 

UN DÍA, SAIU PASEAR POLA PRAIA DA SÚA VILA COA SÚA CADELA, PIPA. SOLTOULLE A CORREA PARA QUE CORRESE MELLOR E MARCHOU CARA UNHAS DUNAS.

PASOU UN TEMPO E, COMO NON VOLVÍA, SILVIA CHAMOUNA PERO NON APARECÍA. FOI BUSCALA POR TODA A PRAIA E ATOPOU, TIRADOS AO CARÓN DUNHA PALMEIRA, UN ESCUDO E UNHA ESPADA MOI ANTIGOS. SILVIA ESTRAÑOUSE E COLLEUNOS COA MAN.

Continuaron a historia os nenos e nenas de 4 anos (5º nivel).

A NENA FIXOUSE QUE, ENTRE AS FOLLAS DA PALMEIRA, HABÍA AGOCHADO UN CABALEIRO. SILVIA COLLEU O ESCUDO E A ESPADA E SAIU CORRENDO. O CABALEIRO, QUE SE CHAMABA DAVID, CANDO VIU A SILVIA, BAIXOU DA ÁRBORE E FOI ONDA ELA. XUNTOS MARCHARON A BUSCAR A PIPA.

MENTRES A BUSCABAN, ATOPARON UN CASTELO E, DENTRO DEL, ESTABA A CADELA.

 AO SAÍR DO CASTELO... ATOPARON UN DRAGÓN.

LOITARON: O CABALEIRO CO ESCUDO, SILVIA COA ESPADA E PIPA COS LADRIDOS. DE SÚPETO, A CADELA MORDEULLE UNHA PATA AO DRAGÓN QUEN, CO MEDO, SAÍU VOANDO.

E, logo, tocoulles aos de 3 anos rematalo.

ESCAPOU ATA A MONTAÑA ONDE VIVÍA. SILVIA, O CABALEIRO E PIPA PERSEGUÍRONO.

—FÓRA DA MIÑA CASA! —BERROU O DRAGÓN E SAIU VOANDO A CAPTURAR A SILVIA.

A NENA ESQUIVOUNO PERO PIPA, QUE ESTABA AO SEU LADO, NON PUIDO E O DRAGÓN COMEUNA DUN SÓ BOCADO. PIPA ESTABA NA BARRIGA DO DRAGÓN E QUERÍA SAÍR.

QUIXO FACER UN FURADO COS DENTES NELA PERO NON O CONSEGUIU. SILVIA, ENTÓN, PROBOU COA ESPADA E ABRIU UN OCO NA TRIPA DO DRAGÓN. PIPA SACOU UNHA PATA; LOGO, DÚAS; DESPOIS, TRES PATAS; E AS CATRO; E, FINALMENTE, COLOU A CABEZA E O RESTO DO CORPO.

POR FIN, PIPA ERA LIBRE E, COA SÚA PATA TAN QUENTIÑA, QUEIMOU O DRAGÓN QUE ESCAPOU VOANDO CARA A PRAIA ONDE TODO COMEZARA.



page | by Dr. Radut