Coa chegada da primavera, aparecen nos nosos campos e xardíns flores e plantas fermosísimas que espertan a nosa curiosidade. Aproveitamos, entón, este potencial motivador para comezar un novo proxecto en Educación Infantil dedicado ao mundo vexetal. Imos tratar todo tipo de recursos relacionados con esta temática:
- Poesías, pinturas, libros...
- Vídeos, películas, cancións...
- Sementes, plantas reais, etc.
- Instrumentos relacionados co cultivo...
- E ata tentaremos montar unha pequena horta no patio.
Coma sempre, esperamos contar coa vosa colaboración, tanto coa vosa presenza para a realización dalgunha actividade como coa vosa achega de diversos materiais que enriquezan o noso traballo e as nosas aprendizaxes. Por exemplo, agora mesmo necesitamos un sacho para remexer a terra.
Ábrese un gromo,
sae unha flor
A primavera
ole a calor.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CIRCULAR PROXECTO ÁBRESE UN GROMO.pdf | 121.41 KB |