Skip to Content

URBANO LUGRÍS GONZÁLEZ

Co comezo do novo trimestre, en Educación Infantil, damos por rematado o proxecto Expericiencia e comezamos outro. A finais de febreiro temos prevista unha saída ao Museo de Belas Artes. Alí veremos unha chea de obras de arte de autores/as diferentes: Luís Seoane, Francisco Leiro, Roberto González del Blanco... Necesitamos ir preparados/as e, para iso, durante todo este tempo que nos resta para acudir ao museo, imos coñecer a vida e obra dun deses artistas: Urbano Lugrís González.

Urbano Lugrís González pinta cadros figurativos e, ás veces, surrealistas. Na súa obra está presente sempre o mar. Os seus lenzos énchense de: 

  • sereas,
  • barcos varados na praia,
  • buzos,
  • áncoras,
  • barcos en botella,
  • medusas,
  • capitáns de barcos...

Así que, coma sempre, esperamos contar coa vosa colaboración, tanto coa vosa presenza para a realización dalgunha actividade como coa vosa achega de diversos materiais que enriquezan o noso traballo e as nosas aprendizaxes. Por exemplo, xa hai cativos/as que están traendo á clase bonecas de sereas, caracolas...



page | by Dr. Radut