uid) : ?> Usuario: name,'user/'.$user->uid); ?> | Iniciar sesión:

NOVAS do CEIP PORTOSÍN

 

 

Listaxes de material escolar curso 2024-2025

Enlace ás listaxes de cada curso

Aberto o prazo de solicitude de comedor escolar para o curso 2024-2025

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de comedor escolar para o próximo curso.

Quen o desexe poderá presentar as solicitudes ata o 12 de xullo no centro ou a través do correo elecrónico ceip.portosin@edu.xunta.gal

Deberase entregar a seguinte documentación:

Información complementaria:

 

 Aberto o prazo de matricula para o curso 2024-2025 ata o 30 de xuño

 

Aberto o prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño para o alumnado que comece no centro o vindeiro curso 2024-2025

Documentación necesaria:

  • solicitude da matrícula.
  • copia do dni dos membros da unidade familiar.
  • copia do libro de familia.
  • copia da tarxeta sanitaria da alumna ou alumno.
  • 2 fotografías tamaño carnet.

 

 

 

APERTURA DO PRAZO PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

O prazo para presentar as solicitudes comeza o día 21 de maio e remata o 21 de xuño de 2024 (ámbolos dous incluídos).

Orde do 7 de maio do 2024

 

 O alumnado matriculado no centro poderá solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º de Educación Primaria. (5º e 6º teñen EDIXGAL)

- Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado de 1º a 6º de Educación Primaria.

 

Hai 3 formas para presentar a solicitude:

Electrónica: Recoméndase facer a solicitude a través da sede electrónica

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

Presencial con parte na aplicación:

Nesta opción hai que cubrir os datos no apartado FONDOLIBROS da páxina da xunta, logo imprimilos e presentalos no centro educativo.

Presencial manual:

Recoller o formulario en conserxaría, e devolvelo posteriormente con todos os datos cubertos.

Documentación a presentar en calquera das tres opcións:

- Anexo I

- Anexo II

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

- Acreditación de violencia de xénero, de selo caso

 

Se precisan algunha aclaración non dubiden en chamar ao centro.

 

 

Aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024/2025

 

DESTINATARIOS: alumnado de nova incorporación, nacido no ano 2021 e alumnado de infantil e primaria que precise un cambio de centro educativo para o vindeiro curso.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de marzo.

 

FORMAS DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE:

- Cubrir a solicitude na Sede Electrónica e asinala coa chave 365 ou con certificado electrónico.

Acceso a admisión alumnado.

- Cubrir a solicitude informáticamente e entregala no centro asinada manualmente.

- Cubrir a solicitude manualmente e entregala no centro.

Solicitude en galego              Solicitude en castelán

(tamén poden recoller en conserxería o formulario) 

 

Calquera das tres opcións precisa ser acompañada da seguinte DOCUMENTACIÓN:

- Fotocopia do libro de familia.

- Fotocopia dos DNIs dos proxenitores ou titores legais.

- Fotocopia da resolución xudicial de separación ou divorcio se fose o caso. 

HORARIO DE ENTREGA NO CENTRO:

 - De luns a venres de 10:00h a 14:00h.

PRAZOS A TER EN CONTA:

- 25  de abril: Publicación da listaxe provisional de admitidos e excluídos.

- 15 de maio: Publicación da listaxe definitiva.

- Do 20 ao 30 de xuño: Formalización de matrícula coa seguinte documentación:

            -  2 fotos carnet

            - fotocopia da tarxeta sanitaria

            - fotocopia do libro de vacinas

            - informe médico

 

VACANTES PARA O CURSO 2024/2025

 

            CURSO VACANTES
  •            4º de infantil
        20
  •            5º de infantil
        11
  •            6º de infantil
        11
  •            1º de primaria
          8
  •            2º de primaria
          5
  •            3º de primaria
          4
  •            4º de primaria
          8
  •            5º de primaria
        11
  •            6º de primaria
          7

 

 

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

No Ceip Portosín só poderán presentar a solicitude o alumnado de 6º de primaria que vaia cursar 1º de ESO no IES de Porto do Son. O alumnado que vaia facelo noutros centros deberá presentar a solicitude no propio centro ou telematicamente.

Máis información

 

    •  IMPORTANTE:

ENTRADA EN FUNCIONAMENTO DO "PROGRAMA CONCILIA" .

Este curso 23/24, no Ceip Portosín, imos contar cos servizos de Plan Madruga e Comedor Escolar, ámbolos dous xestionados pola "Anpa Coira" que xa ten un acordo coa empresa especializada "SOMOS ENREDOS SL" para a xestión dos mesmos.

O espazo que se vai destinar ao servizo de comedor xa conta cos permisos necesarios para comezar o seu funcionamento. Será o día 19 de outubro de 2023.

A Aula Madruga xa está en funcionamento desde principio de curso.

Os horarios destes servizos serán os seguintes:

Aula Madruga: 7:30h a 9:25h (de setembro 2023 a 21 xuño de 2024) - Prezo: 30€/mes.

  Inscrición online: acceso inscrición 

Servizo comedor: 14:25h a 16:00h (19 de outubro de 2023 -  21 xuño de 2024)

Inscrición comedor:acceso inscrición

Actividades Extraescolares: Haberá actividades de luns a venres en horario de 16:00h a 18:00h. Para ver o abano de opcións dispoñibles e inscribirse, só tedes que rexistrarvos no seguinte formulario.

Inscrición actividades Extraescolares: acceso inscrición

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

    

       

 


               

Distribuir contido

Back to top