MOCHILA VIAXEIRA
QUE É ISTO? É unha “mochila viaxeira” con diversos fondos documentais: libros, CD, DVD, xogos de ordenador...que pasará casa por casa e volverá á Escola. PARA QUE? Para que as familias participedes no proceso lector dos vosos fillos e fillas, o que incidirá positivamente na súa formación. Invitámosvos a usar os materiais da mochila e a compartir un tempo de lectura cos vosos nenos/as. COMO SE FAI? A titora dálle a cada alumno/a a mochila. Dentro hai unha carpeta con esta folla de instrucións e un “diario viaxeiro” no que anotará o nome do neno/a e as datas de entrega e devolución da mochila. QUE TEN QUE FACER CADA FAMILIA? - Se o desexades, podedes escribir as opinións que vos suxiran os materiais que leva. - Podedes tamén facer suxestións e os nenos/as poden facer debuxos sobre as lecturas. - Podedes incorporar fotos da familia compartindo a actividade. - Comprobade que o contido da mochila está ben coidado e que non falta nada. - Devolvede puntualmente a mochila na data apuntada no diario. Un saúdo do Equipo da Biblioteca. C.E.I.P. Porto Cabeiro
|
Mochila viaxeira
Mochila viaxeira