COMEDOR ESCOLAR
O servizo de Comedor do CEIP de Porto Cabeiro está financiado e organizado pola ANPA do Centro baixo a modalidade de catering e está supervisado polo Consello Escolar do Colexio. A capacidade máxima do mesmo é de 50 comensais. A empresa de catering contratada neste curso é CALIDUS e o prezo do menú é de 4,57 €/ día. O servizo de comedor escolar está atendido por unha coidadora, puidendo ser dúas no caso de que aumenten o número de comensais. O seguro contratado pola ANPA é coa compañía CASER SEGUROS. O alumnado que fai uso deste servizo, desglosado por días, é o que se detalla a continuación(este listado é orientativo e verase modificado ao longo do curso):
*O alumnado con alerxias e intolerancias alimentarias é o seguinte: 1 alumna é intolerante ao glute, á lactosa, ao marisco e ás especias. O seguro de responsabilidade civil e accidentes é a cargo da empresa CALIDUS. A compañía aseguradora é Allianz.
|