Educación Infantil

Ola familias,

aquí tedes os vídeos coas fotos do reto Xoga comigo.

Esperamos que vos gusten!

No blogue de Educación física tedes a nova proposta para esta semana.

efponzos.blogspot.com

 

Ola familias!

Con este novo reto chamado "PequeCiencia" convertímonos en científicos/as! Teredes que facer diferentes experimentos que vos propoñemos. E para que os peques poidan disfrutar un pouco máis da desescalada e o bo tempo, este reto terá unha duración de dúas semanas sendo a data límite o 5 de xuño. A experimentar!

Tamén vos adxuntamos actividades de audición e linguaxe, música, inglés e relixión.

Unha aperta,

o equipo de educación infantil.

Ola familias!

Aquí tedes os vídeos recompilatorios das fotos de "Ponzos Chef"...que boa pinta ten todo!

E para que poidades facer as receitas dos vosos compañeiros/as tamén vos deixamos no seguinte enlace unha recompilación de todas as receitas que escribistedes. Apetécevos facer algunha?

Esperamos que vos gusten!

https://es.calameo.com/read/006282725131953beefa9

Ola familias!

Presentámosvos o novo reto "Xoga comigo" co cal vos transmitimos a importancia do xogo en Educación Infantil e vos propoñemos diferentes xogos. A data límite para enviarnos as fotos é o venres 22 de maio. A divertirse!Guay

Tamén vos adxuntamos as actividades desta semana de música e audición e linguaxe.

Unha aperta,

o equipo de Educación Infantil.

No blog de Educación Física tedes a actividade desta semana...e tamén as anteriores, para os/as que ides con retraso.

efponzos.blogspot.com

Aquí vos deixamos os vídeos correspondentes aos mandalas de cada curso de Educación Infantil. Esperamos que vos gusten!

Ola familias!

As mestras de infantil sabemos que os nenos e nenas estades a cociñar moito durante o confinamento e, por iso, esta semana o reto que vos propoñemos é "Ponzos chef"...ensinádesnos as vosas receitas?

A data límite de entrega é o venres 15 de maio.

Tamén vos adxuntamos actividades que nos envían os mestres/as de audición e linguaxe, música e relixión.

Unha aperta,

o equipo de Educación Infantil.

Ola a todos e todas.

Téñovos unha nova proposta de actividades para facer esta semana.

Espero que vos guste e o pasedes ben. Podedes atopala en https://efponzos.blogspot.com/

Unha aperta.

Ola a tod@s!

Fixen un blog de Educación física para agrupar todos os retos que vos propoño.https://efponzos.blogspot.com/

Mandade un vídeo co nivel acadado a efponzos@gmail.com, que ten máis capacidade que a outra dirección de correo.

Podedes retomar os retos anteriores e enviarmos a ese correo, que hai quen non fixo ningún ...E VOS IDES OXIDAR!!!

Ánimo! Unha aperta

Distribuir contido