Ola familias!

Esta semana propoñémosvos un novo reto que leva por nome "EmocionArte" e que consiste na recreación dun cadro. Para iso, debedes ler o documento chamado "Reto 3_EmocionArte" e logo ir facendo as actividades que propoñemos no documento "Actividades Reto 3".

A data límite para a entrega deste reto é o sábado 2 de maio.

Ollo! Recomendámosvos que antes de escoller un cadro leades ben todas as actividades que propoñemos.

Tamén vos adxuntamos máis actividades da linguaxe propostas pola mestra de Audición e Linguaxe.

Avisarvos ademais de que está o Podcast que fixemos no Reto 2 colgado na entrada "Día do Libro" desta páxina (está no documento adxunto). A disfrutalo! Risa

Esperamos que vos divirtades con este novo reto!

Unha aperta,

o equipo de Educación Infantil.

ANEXO DOCUMENTO DE TEXTO COAS INSTRUCCIÓNS E O TABOLEIRO PARA FACER ESTA DIVERTIDA ACTIVIDADE DE EXPRESIÓN CORPORAL EN FAMILIA. MÁNDADE FOTOS OU VÍDEOS XOGANDO AO MEU CORREO.

UNHA APERTA

CON TODAS AS FOTOS QUE NOS MANDASTES OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA, E AS RECOMENDACIÓNS DOS NENOS, NENAS E PROFES DE INFANTIL, MONTAMOS UN PEQUENO VIDEO E UN PROGRAMA DE RADIO.

É A NOSA MANEIRA DE CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, ESE COMPAÑEIRO QUE TANTO NOS PODE AXUDAR NESTE TEMPO CASEIRO.

MOITAS GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN, E ÁNIMO.

 


PREMEDE SOBRE A FOTO OU ABRIDE O ARQUIVO QUE SE ACHEGA PARA ESCOITAR O PODCAST:

RECOMENDACIÓNS PARA SAÍR DA CASA A PARTIR DO 26 DE ABRIL. LINGUA DE SIGNOS.

A PROFE LAURA E NATALIA CONTANNOS ESTE CONTO SOBRE A VIDA DO FÁMOSO CIENTÍFICO CO APOIO DE PICTOGRAMAS E LINGUA DE SIGNOS. VEREMOS QUE AÍNDA COAS CIRCUNSTANCIAS PERSOAIS MÁIS COMPLEXAS PODEN MEDRAR PERSOAS EXTRAORDINARIAS.

Estimadas familias. Con motivo da celebración do día do libro, este ano non imos poder realizar os xa tradicionais apadriñamentos lectores.

Por iso, animamos ao alumnado de educación primaria a que escollades o voso libro favorito e nos enviedes unha foto onde se vexa o libro, e vós representedes ou ben unha parte, ou a portada, ou personaxes (podédesvos disfrazar, recrear obxectos do conto, representar escenas, facer xestos, etc... o que se vos ocorra). Pero sempre que se vexa claramente cal é o libro. Despois, enviade esta foto ao seguinte correo: biblioponzos@gmail.com. Todo isto con data límite 24 de abril. Despois, con estas fotos montaremos un vídeo que colgaremos no blogue da biblioteca.

O alumnado de infantil falará sobre o libro que traballaron en semanas anteriores e gravará un pequeno audio, seguindo as instruccións do profesorado deste ciclo.

Tags:

Con motivo das ferramentas postas a disposición dos centros educativos por parte da Consellería de Educación, achegamos as instruccións para usar no caso de que algún titor realice videoconferencias co seu alumnado.

A partir da páxina 3 está o referente ao alumnado. Botádelle un vistazo por se o necesitamos.

Tags:

No CEIP de Ponzos estamos moi concienciados da importancia de coidar o noso Planeta e, por iso, integramos no noso día a día diferentes hábitos que implican a regra das tres R (Reducir, Reutilizar e Reciclar). 

No seguinte vídeo amosámosvos algunha das actividades que levamos a cabo dentro do Plan Proxecta “Recíclate con Sogama”, de Pilabot e Voz Natura.

 

A continuación adxúntanse materias proporcionados polo departamento de orientación do centro.

Saúde!!!

Distribuir contido