Cando comezou o estado de alarma e o confinamento nas nosas casas, Uxía Lambona e a Banda Molona lanzounos o reto de coller a súa canción verdescente e tentar facer algo con ela de cara ao Día das Letras Galegas.

Falamos cos maiores do cole, os nenos e nenas de 6º, para que dende as súas casas nos enviaran os vídeos cos que facer o traballo.Ponzos verdescente reivindica a importancia da natureza, de coñecer e gozar dos nosos lugares(agora que os botamos tanto de menos) e quedará tamén como unha "foto de grupo" para estes rapaces e rapazas de 6º que lles tocará trocar de cole e de etapa nestas extrañas circunstancias.

Aquí o tedes:

 

ESTE ANO NON PODEMOS XUNTARNOS COS OUTROS COLES DE FERROL A CANTAR E BAILAR NA PRAZA PARA CELEBRAR A CHEGADA DA PRIMAVERA E AS FLORES.

ESTA VEZ TOCOU CELEBRAR OS MAIOS NA CASA, E FIXÉMOLO CREANDO OS MAIOS FLORIDOS QUE VEREDES NESTE VIDEO E CANTANDO AS COPLAS DOS MAIOS QUE ESCOITAREDES NUN FUTURO PRÓXIMO.

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

Aquí tedes o vídeo con todas as recreacións dos cadros, esperamos que vos gusten porque ás mestras e mestres encantounos! Sodes uns artistas!

Moitas grazas a todos/as por participar.

 

AQUÍ TEDES UN NOVO CONTO CON PICTOS E LSE PARA COÑECER UNHA CULTURA E MÚSICA QUE QUIZÁIS COÑEZAMOS POUCO. DESFRUTÁDEO.

Achéganse no seguinte documento unha serie de xogos e vídeos que nos propón o mestre de Inglés para os nenos e nenas de Infantil.

 

Ola familias!

O reto desta semana chámase "maios creativos" cuxo resultado final é a creación do teu propio maio. Para a súa elaboración propoñemos unha serie de actividades previas coas que ir traballando todas as áreas de Educación Infantil.

A data límite de recepción dos correos é o sábado 9 de maio.

Tamén vos adxuntamos máis actividades da linguaxe propostas pola mestra de Audición e Linguaxe.

Esperamos que o pasedes moi ben creando o voso maio.

Unha aperta,

o equipo de Educación Infantil.

Achégase proposta do DO para traballar as emocións nestes dous arquivos adxuntos.

Veñen de publicarse no portal educativo da Xunta de Galicia as instruccións para o 3º trimestre do curso 2019/2020, que se anexan en arquivo adxunto.

Dende o claustro do colexio, tomouse a decisión de durante o que resta de curso realizar tarefas de repaso e reforzo, ademais de avanzar en novos contidos básicos que non precisen da intervención docente.

As tarefas de cada curso serán colgadas na páxina web, na barra lateral esquerda (Actividades>Escolares>Curso ou especialidade), agás as de Música (en Alumnado>Música) e Relixión (Alumnado>Taboleiro).

Ademais, cada mestre poderá informar a maiores por outros medios (Blogues, EDIXGAL, Abalarmóbil...).

Saúdos e ánimo.

Aínda que este ano non poderemos facer o xa tradicional maio no colexio, animámosvos a facer outra actividade proposta polo equipo de normalización da lingua galega do CEIP Manuel Masdías.

Dende o noso centro, animámosvos a que fagades o voso "maio" co material reciclado do que dispoñades nas vosas casas ou agora tamén flores, ramas, ou pedras que xa podedes coller na rúa e que os colguedes nas terrazas,balcóns ou ventás, para darlle colorido ás rúas.

Ademais, dende o noso colexio animámosvos a que saquedes unha foto co maio para que nola enviedes ao correo do noso colexio (ceip.ponzos@edu.xunta.es), para que poidamos facer un vídeo.

Ademais, animámosvos a que participedes cantando un maio que coñezades ou que inventedes. A razón é que coas gravacións de audio (soamente son) que fagades, faremos un pequeno programa de radio que colgaremos no blogue da biblioteca. Estas gravacións deberedes envialas tamén ao correo do centro (ceip.ponzos@edu.xunta.es).

Tedes de prazo ata o 8 de maio para enviar as vosas fotos e gravacións de son.

Saúde e feliz maio!!!

Distribuir contido