Skip to Content

Plan de Convivencia

Plan de Convivencia

A convivencia escolar debe entenderse como como o conxunto de normas de conduta, pautas e comportamentos que crean o clima adecuado para desenvolver as actividades educativas e que facilitan a aceptación e o respecto dos demais como persoas, asumindo que as diferenzas son enriquecedoras. A convivencia non debe limitarse a aspectos organizativos nin a unha mera aplicación de sancións disciplinares, senón que debe entenderse como unha ferramenta que axude á educación integral do alumnado e preveña conflitos. Aínda así, é evidente que os conflitos son inevitables en calquera grupo humano e, por iso, tamén é moi importante estar preparados (profesorado, alumnado e familias) para a súa xestión e resolución. Os métodos empregados para este fin poden converterse, nunha importante ferramenta educativa que ensine aos alumnos/as como enfrontarse aos problemas de convivencia dentro e fóra do colexio.

Tomando como base o exposto anteriormente e dando cumprimento á Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa e ao Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, elaborase este documento, aprobado polo Claustro e Consello Escolar en sesións ordinarias do 20 de xuño de 2017.

                                                           PLAN DE CONVIVENCIA

Distribuir contido


by Dr. Radut